Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

29/03/2012 | Noticias

Proposta de Documento Recoñecido: Guía de Escala de Certificación de Edificios Existentes

Presentouse no Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo "A Guía de Escala de Certificación de Edificios Existentes" para a súa inclusión como Documento Recoñecido.

  • Periodo de trámite de audiencia de 1 mes que rematará o 15 de abril do 2012.
  • Promotor: Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (I.D.A.E.)

 


 

O obxectivo deste documento é a obtención dos valores medios e as dispersións dos indicadores para o parque de edificios de vivendas existente (Is e R' respectivamente) que permitan obter o rango completo da escala de eficiencia enerxética.

O xeito de obter e agrupar os valores dos parámetros citados será, en todos os casos, idéntico á empregada no documento recoñecido titulado "Escala de cualificación enerxética para edificios de nova construción".

Así mesmo, a metodoloxía será formalmente idéntica á descrita no citado documento recoñecido.

O punto de partida é o denominado escenario de comparación, que basicamente é unha prognose de como son os indicadores enerxéticos dos edificios de vivenda existentes.