Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

13/04/2012 | Revista de prensa

ACTO DE PRESENTACIÓN E ENTREGA Ó CONCELLO DE LUGO DO iCOR

Onte tivo lugar á presentación e a entrega do documento final do Laboratorio iCOR “Ensanche da Ramella”, realizado en base ao Convenio entre o Concello de Lugo e esta delegación do COAG.

Na nosa delegación puidemos contar coa presencia do Alcalde de Lugo D. José López Orozco acompañado dos concelleiros Dna. Sonia Méndez e D. Luis Álvarez, xunto con outros responsables de distintas áreas municipais (Urban, Evislusa, Area de Urbanismo...).

Ó acto acudiron os verdadeiros protagonistas deste traballo como foron os coordinadores e colaboradores que fixeron posible esta aposta da Delegación de Lugo do COAG cara a súa cidade e en palabras do presidente da delegación: "Este estudo constitúe unha ferramenta de traballo colectivo, que quere ofrecer e descubrir á cidadanía un novo xeito de comprender á cidade".

Dende a Xunta Directiva e, en nome de todolos colexiados de Lugo, queremos mostrar o noso profundo agradecemento a todos aqueles que fixeron posible esta idea, este novo xeito de colaboración entre un colexio profesional e o territorio no que realmente se atopa e ó que debe un verdadeiro compromiso, a cidade, os cidadáns e os colexiados que o formamos.

EL PROGRESO (13.04.2012): "El centro de Lugo ya tiene buen color"

LA VOZ DE GALICIA (13.04.2012): "El Concello recomendará cómo pintar edificios del casco histórico"

CONCELLO DE LUGO_NOVAS