Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

03/05/2012 | Emprego

CONCELLO DE BARREIROS. OEP: ARQUITECTO. APERTURA PRAZO SOLICITUDES

CONCELLO DE BARREIROS


ANUNCIO de publicación das bases do proceso selectivo pertencente á oferta de emprego público 2008, entre a que está unha praza de Arquitecto/a por Concurso-Oposición, acceso libre.

No BOP de Lugo n.º 299, do 31 de decembro de 2011, publícanse integramente as bases que rexerán os procesos selectivos para o ingreso, polo sistema de concurso-oposición, acceso libre, das prazas que se indican do cadro anexo, de persoal funcionario do Concello de Lamazais, no marco do proceso de consolidación de emprego temporal, incluídas na oferta de emprego público 2008.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.


Publicado no BOE o ANUNCIO, ábrese o prazo de Presentación de solicitudes de 20 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación (3 de maio).


DOG (23.04.2012). ANUNCIO de publicación das bases do proceso selectivo pertencente á oferta de emprego público 2008.

BOP Lugo (31.12.2011). CONVOCATORIA E BASES XERAIS POLAS QUE SE CONVOCAN PROCESOS SELECTIVOS

BOE (03.05.2012) ANUNCIO APERTURA PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES