Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

27/04/2012 | Noticias

ABRAMOS O DEBATE. INICIAMOS AS NOSAS ENQUISAS. E TÍ QUE OPINAS?

Dende a Xunta Directiva da Delegación consideramos necesario seguir mellorando a nosa web como ferramenta de comunicación e intercambio de ideas e opinións. Por iso poñemos en marcha un sistema de ENQUISAS.

Na columna da dereita (baixo a axenda) aparecerán as enquisas activas e recentes.

Este sistema de enquisas foi deseñado co obxectivo de ser unha ferramenta para acercar ó COAG e a Delegación de Lugo a todos os usuarios. Polo tanto, animamos a colexiados, e non colexiados, a que planteen as súas propias dubidas a través do buzón de Enquisas.

Todas as suxerencias ou propostas de enquisas que os colexiados en non colexiados desexen facer ó COAG-Delegación de Lugo, poden ser enviadas ó correo electrónico secretario.lugo@colexiodearquitectos.org.

As propostas deberán ter unha única pregunta e as respostas que se consideren axeitadas. Preguntas e respostas deberán ser textos moi breves.

Será esencial que as propostas sexan asinadas, indicando o número de colexiado, DNI en caso de non ser colexiado, e teléfono de contacto.

Sen embargo no que ten que ver coa posibilidade de votación, e co fin de obter resultados significativos, válidos e axustados á realidade, únicamente poderán votar os colexiados COAG, sendo ademáis posible facelo UNHA única vez por Enquisa.


http://www.coaglugo.es/gl/encuestas/