Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

13/05/2012 | Noticias

ADEGA. CONCURSOS DE FOTOGRAFÍA E RELATOS

"Un ano mais, debido o éxito da anterior edición, ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) convoca unha nova edición dos concursos de relatos "O lugar onde vivo" e de fotografía "Fotografías polo territorio". Convidamos a toda a sociedade a participar e dar o seu punto de vista acerca das problemáticas ambientais que afectan o noso territorio.

Estes concursos están englobados dentro da nosa campaña "PONTE NO MEDIO, MÓVETE POLO TERRITORIO" coa que pretendemos concienciar a cidadania da necesidade da preservación do noso patrimonio natural e cultural."