Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

16/05/2012 | Noticias

COAG LUGO. LABORATORIO PEPRI LUGO

PEPRI Lugo

Nos últimos meses a Xunta Directiva de Lugo abriu unha nova liña de colaboración entre esta Delegación e o Concello de Lugo. Froito deste traballo estase rematando un Convenio sobre os traballos previos a modificación do Pepri de Lugo.

Esta liña de traballo desenvolta foi exposta na pasada Xunta de Delegación e foron informados dos nosos avances o Decanato e a Xunta de Goberno.

A vindeira sinatura deste Convenio de Colaboración, permitirá a creación dun novo Laboratorio de Traballo nesta Delegación que terá lugar nos próximos meses e coa intención de analizar o ámbito do Pepri de Lugo coa unificación de tódalas informacións existentes, a coordinación das mesmas e a presentación de propostas e iniciativas a desenvolver.

Este traballo permitiría ó Concello de Lugo sacar a licitación os traballos de redacción dun novo Pepri no vindeiro ano.

Os traballos deste Laboratorio realizaranse na Delegación de Lugo e organizaranse mediante a presenza dun grupo de arquitectos con experiencia (Coordinadores) e un grupo de traballo de arquitectos (Colaboradores). Todos eles terán de ser colexiados, ou estalo antes do inicio do Laboratorio e preferentemente residentes en Lugo (esixencia do Concello).

A Xunta Directiva da Delegación de Lugo do Coag, convocará próximamente a tódolos interesados a participar no Laboratorio iPepri Lugo, en calidade de Coordinadores  ou Colaboradores deste traballo.

Laboratorio iPEPRI Lugo.-

A previsión para este Laboratorio é o inicio antes do verán e desenvolverase ata finais de ano tendo previsto un corte no mes de agosto, coincidindo co peche da Delegación. O horario previsto para este laboratorio será de luns a venres de 9 a 15 horas.

O Laboratorio organizarase mediante a presenza de dous Responsables últimos en representación da Delegación e do Concello de Lugo, que levarán a coordinación administrativa, supervisión e responsabilidade última dos traballos.

A continuación un grupo de Coordinadores dos equipos e traballos desenvolverán a coordinación, colaboración e correcto funcionamento do Laboratorio, velando e asegurando a corrección e calidade do traballo final. O seu traballo desenvolverase mediante a presenza física non continuada no horario do Laboratorio, xunto coas reunións organizativas necesarias do traballo. Considérase necesario reunións de tódolos coordinadores co responsable da Delegación e, cando o estime oportuno do representante do Concello, polo menos cada 15 días e en calquera momento que os traballos o esixan. Este traballo será remunerado e estímase que representará unha dedicación media de 10-12 horas semanais. Esta dedicación será acreditada ó remate do Laboratorio.

Un grupo de Colaboradores desenvolverán o traballo organizado, previsto e necesario seguindo as pautas que os coordinadores e responsable xeral establezan en atención o plan e cronograma establecido. A súa dedicación obrigatoria desenvolverase no horario xa indicado, sendo posible de xeito excepcional, ou nos casos de formación ou actividades necesaria a presenza fora deste horario. Esta dedicación será remunerada e acreditada ó remate. O incumprimento da presenza poderá ser penalizado coa perda de parte da remuneración establecida e a Certificación dos méritos neste traballo e incluso en casos extremos non xustificados coa expulsión do Laboratorio.

Está prevista a realización de actividades formativas tipo Seminarios ou Xornadas que serán impartidas ós participantes do Laboratorio, ó tratarse este dun traballo de formación experiencial.

Estas actividades a desenvolver na delegación, e que serán abertas a participación de tódolos interesados, son unha oportunidade de acercar formacións moi especializadas concentradas nun pequeno lapso de tempo, a Lugo.

Ditas actividades contarán co apoio da Área Técnica do COAG.

Ó mesmo tempo e entendendo como a necesariedade da sinerxia e multidisciplinariedade que este tipo de traballo require, estase traballando na liña de contar con outras organizacións que melloren o resultado deste traballo dende o esforzo conxunto, tales como a Universidade ou o CIFP Politécnico de Lugo.

Seguiremos a informarvos dos nosos avances e aínda que as Convocatorias serán feitas por Circular, ó mesmo tempo que será colgada a información na web de Lugo, recomendámosvos que permanezades atentos considerando os escasos prazos que nos veremos obrigados a ter.

Comentarios

Buenos días, estoy interesada en realizar el Laboratorio-PEPRI Lugo como colaboradora y me preguntaba si se podría especificar el comienzo del Laboratorio en un día concreto y si a lo largo de esta semana se dispondrá de las circulares.
Muchas gracias.

Na actualidade estamos rematando os Convenios que posibilitarán o LAB iPEPRI. 
En consecuencia non poderemos fixar as datas exactas de inicio ou o prazo de inscripción que se comunicará por Circular colexial e na páxina web da delegación. 
Nas mesmas recolleránse calendario, condicións e programa das actividades a desenvolver.

Buenas tardes. Estoy interesado en realizar el Laboratorio-PEPRI Lugo como colaborador. Soy Delineante (CIFP Politécnico), Arquitecto Técnico e Ingeniero de Edificación. 
En el caso que decida colaborar en los trabajos: ¿el trabajo sería remunerado al igual que los colaboradores arquitectos o no?.
¿Para apuntarse como colaborador qué debemos hacer?.

A remuneración será únicamente para os arquitectos colexiados. 
No caso dos restantes colaboradores interesados acreditaránse a participación e adicación. Ademáis tratarase de facilitar o acceso a formación (ou parte dela) a modo de axuda ó traballo.
En todo caso seredes informados dos seguintes pasos, condicións exactas e prazos, en breve.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario