Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

21/05/2012 | Noticias

WEB COAG LUGO: ENQUISA E OUTRAS NOVIDADES

Dende a Xunta Directiva de Lugo consideramos necesario seguir mellorando a nosa web como ferramenta de comunicación e intercambio de ideas e opinións. Por iso propoñemos unha nova PREGUNTA e a posibilidade de colgar COMENTARIOS nas novas entradas.


ENQUISAS. -

Presentamos unha nova pregunta no noso apartado de Enquisas:

ENTENDIDA A SITUACIÓN XERAL, ¿CRES QUE SE PODE PRESCINDIR DAS DELEGACIÓNS?

  • Si
  • Non
  • NS/NC

Na columna da dereita (baixo a axenda) aparecerán as enquisas activas e recentes.

Este sistema de enquisas foi concibido co obxectivo de ser unha ferramenta para achegar o COAG e a Delegación de Lugo a todos os usuarios. Por iso, animamos a colexiados, e non colexiados, a que formulen as súas propias dúbidas a través da caixa de correo Enquisas.

As suxestións ou propostas de enquisas que os colexiados e non colexiados desexen facer ao COAG-Delegación de Lugo, poden enviarse á dirección de correo
secretario.lugo@colexiodearquitectos.org.

As propostas deberán contar cunha única pregunta e as respostas que se consideren oportunas formular. Preguntas e respostas deberán ser textos moi breves.

Será imprescindible que as propostas estean asinadas, que conste o número de colexiado, de DNI en caso de non ser colexiado, e número de telefono de contacto.

Non obstante, no que ten que ver coa posibilidade de votación, e co fin de obter resultados significativos, válidos e axustados á realidade, unicamente poderán votar os colexiados COAG, sendo ademais posible facelo UNHA única vez por Enquisa.


COMENTARIOS NA WEB. -

En liña coa vontade de converter a nosa web nunha ferramenta de comunicación bidireccional, habilitamos a posibilidade de introducir COMENTARIOS de todos os usuarios en cada unha das novas entradas colgadas na web.El obxectivo con iso é mellorar o seu funcionamento e eficacia.

Calquera usuario que desexe colgar un COMENTARIO sobre algunha entrada poderá facelo dende a noticia completa nun formulario disposto despois desta. Unha vez enviado, este deberá ser activado polo administrador da web e, a partir dese momento, será visible na parte pública.

Non se aceptarán Comentarios ofensivos, irrespectuosos ou que atenten contra a dignidade do colectivo ou os colexiados.

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario