Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
27/05/2012 | Revista de prensa
O arquitecto e teórico finlandés, Juhani Pallasmaa, sostivo na Universidade de Navarra que "a arquitectura que se concibe como un negocio perde a súa razón de ser".
Pallasmaa pronunciouse neste sentido nas V Xornadas de Accesibilidade, organizadas pola Asociación Accesibilidade Universal e a Escola de Arquitectura, segundo informou o citado centro académico.
"A arquitectura serve ao home para entender a súa propia existencia, domesticar o mundo e facelo comprensible", segundo este experto que apuntou que "a arquitectura actual se centrou na vista cando, en realidade, o sentido existencial só é visual cando nos miramos nun espello".
O autor de "Os ollos da pel. A arquitectura e os sentidos", mostrouse contrario á competición das cidades por posuír construcións emblemáticas asinadas por arquitectos estrela, xa que, segundo dixo, é "un reflexo da incomprensión da cultura, do ser humano e da arquitectura,".
Como exemplo pola contra mencionou a Glen Murcutt, premio Pritzker en 2002, que "se nega por principio a construír fóra de Australia".
Con respecto á especulación urbanística, o antigo director do Museo de Arquitectura de Finlandia e profesor na Universidade de Tecnoloxía de Helsinki manifestou que "cando a arquitectura se concibe como un negocio entra nun terreo perigoso, xa que perde a razón da súa existencia; que é unha cuestión fundamentalmente humana, de vida e de solidariedade,".
"A condición arquitectónica presente fainos recaer no noso sentido histórico", dixo Pallasmaa, quen afirmou que "a memoria é moito máis importante que a información porque abre as portas á creación. Ademais, non podemos percibir se non temos memoria, da mesma forma que non podemos imaxinar se nunca vimos".
Por iso, destacou que "a tarefa educativa debe centrarse en liberar a personalidade".
As V Xornadas de Accesibilidade reuniron na Universidade de Navarra expertos de sectores diversos que analizaron a relación existente entre o concepto de accesibilidade e os medios de comunicación, a tecnoloxía e a arquitectura.
ABC (21.05.2012). PALLASMAA: "LA ARQUITECTURA QUE SE CONCIBE COMO NEGOCIO PERDE A SÚA RAZÓN DE SER"
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.