Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

31/05/2012 | Noticias

FUNDACIÓN ARQUITECTURA Y SOCIEDAD. II CONGRESO INTERNACIONAL DE ARQUITECTURA E SOCIEDADE

A Fundación Arquitectura y Sociedad organiza un Congreso en Pamplona, os días 20,21,22 de xuño, co título de Arquitectura: O Común. O congreso reunirá catro arquitectos galardoados co premio Pritzker: Alvaro Siza, Norman Foster, Rafael Moneo e Eduardo Souto de Moura ademais da outros profesionais de gran relevancia no ámbito da arquitectura actual.


 

O Congreso contará coa participación de destacadas figuras do mundo da arquitectura.

A conferencia inaugural correrá A Cargo de Norman Foster, e a clausura reunirá os tres arquitectos da península Ibérica galardoados, como o británico, co premio Pritzker:
o navarro Rafael Moneo e os portugueses Álvaro Siza e Eduardo Souto de Moura.

O resto dos arquitectos internacionais invitados agruparase en tres conxuntos de relatorios, que levarán por título 'Arquitectura e acubillo', Arquitectura e eficacia e Arquitectura e pracer, presentadas por patróns da Fundación, e seguidas por diálogos moderados por varios historiadores e críticos de diferentes países, que tamén actuarán como relatores.

Se o I Congreso Internacional de Arquitectura e Sociedade, celebrado en 2010, tivo como lema "Máis por menos" e propuxo respostas á crise baseadas nun uso máis eficaz dos recursos materiais e enerxéticos, este II Congreso pon énfase en "O Común": no que compartimos e no cotián como ferramentas para enfrontarse á difícil situación actual.

Tanto os espazos e os lugares públicos coma a creación de ámbitos para o desenvolvemento da vida diaria serán polo tanto protagonistas da reflexión colectiva que o evento propón, buscando de novo ser un foro de encontro entre arquitectura e sociedade. A mensaxe conxunta dos dous congresos é pois: ante a crise, austeridade, pero tamén solidariedade.

Para facilitar a participación dos máis novos, a Fundación Arquitectura e Sociedade, así como outras institucións e empresas, que brindaron a súa colaboración neste evento ofrecerán un número importante de bolsas, cuxa solicitude pode tramitarse na páxina web da Fundación.

Todas as sesións se retransmitirán vía streaming, a través da web da Fundación, así como de moitas outras canles online. Os relatorios e diálogos gravaranse e estarán dispoñibles en
www.arquitecturaysociedad.com  ó termo do Congreso. Como no anterior, editarase unha publicación bilingüe, coordinada polo equipo de Arquitectura Viva, que aparecerá no outono.

Por último, debe sinalarse que a Fundación persegue obxectivos sociais, científicos e académicos, pero tamén procura achegar arquitectura e industria a través da innovación en materiais e deseño, e este Congreso ten entre as súas prioridades a difusión destas conviccións.


 

Congreso Internacional Arquitectura: O Común

Congreso Internacional Arquitectura. Nota de Prensa

Inscripcións Congreso

Congreso. Becas de Asistencia

Programa e Participantes Congreso

Ponentes Congreso

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario