Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

05/06/2012 | Formación

CIS GALICIA. CURSO MODELADO 3D CON SOLID EDGE ST2

Dende o CIS GALICIA  estamos a organizar o CURSO DE SOLID EDGE ST2, que se celebrará do 25 ao 29 de Xuño de 2012 no CIS GALICIA, en Ferrol.

Esta actividade formativa ten como obxectivo dar a coñecer una ferramenta de deseño en 3D que permite innovar con maior rapidez nun novo entorno de deseño interactivo.


 

Organiza: CIS GALICIA.
Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia
Teléfono: 981 33 71 33
email: formacion@cisgalicia.org
Lugar: CIS GALICIA. A Cabana, s/n, 15590 FERROL
Datas: Do 25 ao 29 de xuño de 2012
Horario: De 09:00 a 14:00 horas.

 

¿Qué é Solid Edge?

Solid Edge® with Synchronous Technology é o sistema CAD en 2D/3D baseado en operacións que ofrece un novo paradigma de modelado, combinando a velocidade e a flexibilidade do modelado explícito, co control e a previsibilidade do deseño parametrizado.

Preparado para revolucionar a forma de concebir o deseño en 3D, Solid Edge with Synchronous Technology permítelle:

– Innovar con maior rapidez cun novo entorno de deseño interactivo.
– Iterar deseños con velocidade y flexibilidade sen límites.
– Editar os datos CAD procedentes de fontes externas máis rapidamente que o proveedor que os suministra.
– Aproveitar a potencia de 3D coa simplicidade de 2D.
– Crear e xestionar deseños dentro dun sistema único.

Contido do curso

Introducción a Solid Edge ST2

División do programa en módulos.

Interface do programa. Módulo de deseño de pezas: bocetos 2D, operacións de construcción, operacións de tratamento, operacións específicas para deseño en plástico, variables e parametrización de modelos, parametrización con Excel, configuracións de peza, pezas nai, pezas derivadas, pezas axustables.

Módulo de ensamblaxe: xeneración de conxuntos, agrupación da información (subensamblaxes), configuración de vistas, explosionados, presentación virtual, Motion e simulación.

Módulo de plano: xeración de plantillas 2D, creación de vistas, vistas de detalle, cortes, vistas auxiliares, listas de materiais, listas de buratos, listas de doblados, acotación manual / automática, personalización de listas, símbolos, anotación, acabado superficiais.

Módulo de superficies: xeración de curvas 3D, xeración de curvas auxiliares, proxeccións, comandos para creación de superficies, Trimado e cosido de superficies, xeración de sólidos.

Importación / exportación de xeometría (formatos).

Módulo de chapa: Creación e manipulación do modelo, Configuracións, ferramentas de conformado.

PMI, Motion, explosionados,...

Inscricións

Prazas: 25.
Prezo: 250 €. (Inclúe: asistencia ás sesións, documentación e cafés das sesións lectivas)
Data límite: 20 de xuño de 2012.

Prema no seguinte enlace para acceder ó formulario de inscrición.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario