Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
05/06/2012 | Noticias
O "Día Mundial do Medio" (World Environment Day) é un evento anual que se leva a cabo o 5 de Xuño. Foi establecido pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas, na súa Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972 coa que se deu inicio á Conferencia de Estocolmo (Suecia), cuxo tema central foi o Medio Humano.
O Día Mundial do Medio é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio e promover a atención e acción política ao respecto.
Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
O 23 de maio, Greenpeace presentou nun traballo da serie "Revolución Enerxética". Energía 3.0. é un sistema enerxético baseada en intelixencia, eficiencia e renovables 100%. No informe analízase as opcións para cubrir con enerxías renovables non só os consumos eléctricos da España peninsular no horizonte 2050 senón tamén o resto de consumos enerxéticos, facendo especial énfase nos sectores difusos (edificación, transporte, etc.). O Dr. Xavier García Casals é o autor e na presentación do informe resumiu a metodoloxía empregada así como os principais resultados do estudo.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.