Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

20/06/2012 | Noticias

ARQUITECTOS SEN FRONTERAS. PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL “Oxlajuj Tz´ikin”

Arquitectos Sen Fronteiras presenta unha acción de microfinanciamento que está a difundir relacionada cun dos seus proxectos.


Dende o ano 2008, xunto con outras ONGs españolas e guatemaltecas, traballamos na Costa Sur de Guatemala nun Programa de Desenvolvemento Integral denominado "Oxlajuj Tz´ikin" que pretende mellorar as infraestruturas de habitabilidade básica, os servizos de saúde e educación e a seguridade alimentaria intervindo en 18 asentamentos humanos de poboación maioritariamente rural e indíxena.

Tras a construción e mellora de 214 vivendas dentro do marco deste Programa, dende Arquitectos Sin Fronteras pretendemos completar o proceso elaborando e outorgando as escrituras de propiedade das devanditas construcións, de modo que quede garantido o arraigamento, seguridade xurídica e seguridade psicolóxica destas familias vulnerables. Para iso lanzamos unha iniciativa de microfinanciamento que nos permita conseguir os 3.330,56 € necesarios para escriturar as vivendas executadas.

Poden encontrar a información do proxecto na seguinte páxina:

http://echanosunamano.asfes.org/home/nuestros-proyectos-en-marcha/guatemala

Información xeral complementaria sobre este proxecto:
Descripción
Trala construcción e mellora de 214 viviendas como parte do Programa de desenvolvemento “Oxlajuj Tz´ikin”, dende Arquitectos Sen Fronteiras pretendemos completar o proceso elaborando e outorgando as escrituras de propiedade de ditas construccións, de modo que quede garantido o arraigo, seguridade xurídica e  seguridade psicolóxica destas familias vulnerables.


Obxectivos
Ofrecer ás familias as garantías xurídicas que aseguren as súas condicións de habitabilidade básica a través da elaboración dos documentos de propiedade das vivendas.
Resultados esperados
Seguridade xurídica para 214 familias en condicións de vulnerabilidade, quedando garantidos os dereitos de propiedade, sen discriminación algunha de etnia, sexo o relixión.
Beneficiarios
214 familias, na súa maioría campesiñas e indíxenas
Ámbito Xeográfico
Comunidades campesiñas dos municipios de Champerico y Retalhuleu, no Departamento de Retalhuleu, Guatemala.
Duración
Agosto de 2012 – Decembro de 2012
Equipo Humano
Grupo de traballo de Cooperación internacional de ASF Galicia e a súa contraparte en Guatemala, a Asociación Indígena Agropecuaria Pro-Desarrollo Integral (ASIAPRODI).

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario