Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

04/07/2012 | Emprego

CERTICA. SELECCIÓN DE TÉCNICOS CERTIFICADORES INDEPENDENTES

"A partir do próximo 1 de xaneiro de 2013 entra en vigor a obriga de certificar enerxeticamente todos aqueles inmobles que estean á venda ou aluguer en España.

Esta obriga creará unha oportunidade de traballo única para moitos profesionais ligados ao sector da edificación.

Por iso poñémonos en contacto con Uds. para informalos do proceso de selección de técnicos independentes que a empresa CÉRTICA puxo en marcha para a creación dunha rede nacional de certificadores.

CÉRTICA é unha empresa creada por iniciativa de MIYABI, sociedade publica participada polo Goberno de Navarra, creadora do programa oficial CEX para a Certificación Enerxética Simplificada de Edificios Existentes.

CÉRTICA nace co obxectivo de desenvolver unha ampla rede nacional de certificadores independentes, aos que apoiará dándolles unha formación continua, un soporte técnico especializado na materia, e o volume de traballo necesario para lograr unha alta profesionalización dos nosos colaboradores.

En 
www.certica.es inclúese unha detallada información deste proxecto, así como o cuestionario que cada interesado deberá encher para quedar preinscrito na nosa rede de certificadores."

PROYECTO CÉRTICA. BUSCA COLABORADORES

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario