Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

05/07/2012 | Reunións

REUNIÓN SOBRE AS ITE’S DO CONCELLO DE LUGO

A Xunta Directiva de Lugo, convoca a tódolos colexiados desta Delegación a unha Reunión, hoxe xoves 05 de xullo ás 19:00 horas no Salón de Actos da Delegación, sobre a nova Ordenanza reguladora das Inspeccións Técnicas de Edificación no Concello de Lugo.

Como xa foi informado con anterioridade o Concello de Lugo procedeu á modificación da Ordenanza sobre Conservación, Rehabilitación e Estado Ruinoso das Edificacións.

Esta ordenanza foi publicada no BOP o pasado 16 de xuño e entrou en vigor ó día seguinte.

Por todo elo considerábase oportuno ter unha Xornada técnica na delegación coa responsable do Concello de Lugo, que aceptou a nosa invitación.

Por este motivo, e de cara á celebración da Xornada, recórdase a posibilidade de remitir con antelación consultas á conta secretario.lugo@colexiodearquitectos.org.

Todas elas serán tidas en conta e aclaradas na Xornada a celebrar.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario