Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

17/07/2012 | Formación

USC. MASTER UNIVERSITARIO EN XESTIÓN SOSTIBLE DA TERRA E O TERRITORIO

Terceira edición do Máster en xestión sostible da terra e do territorio da Universidade de Santiago de Compostela

Abriuse a matrícula para a terceira edición do Máster en xestión sostible da terra e do territorio da Universidade de Santiago de Compostela durante o curso académico 2012-2013.

A meta do máster é formar alumnos que poidan comprender e resolver os desafíos da sociedade actual na xestión eficiente e sostible da terra e do territorio, de deseñar solucións cunha perspectiva aplicada, utilizando as tecnoloxías da información geospacial, e avanzar na elaboración de novos modelos territoriais.

En MasterTerra trabállase nun contexto multidisciplinario e internacional, con alumnos e profesores de diversas disciplinas, nacionalidades e universidades, con coñecemento experto en diferentes áreas de coñecemento, procedentes do mundo académico, da empresa, organizacións da sociedade civil e dos distintos niveis das administracións públicas. Entre eles pódense destacar participantes pertencentes a United Nations University, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), a Comisión Europea ou UK Forestry Commission.

MasterTerra busca ser un programa pensado para o alumno, que xere novo coñecemento e incentive a creatividade, que sexa atractivo mediante a participación e o traballo colaborador, e que sexa valorado polos alumnos na súa futura práctica profesional. Deste modo publicáronse os traballos realizados polos alumnos na primeira edición, ou realízanse traballos fin de máster en colaboración con organismos internacionais como United Nations University-Institute of Advanced Studies.

As liñas de traballo son a xestión de terras, a aplicación das tecnoloxías da información geospacial á ordenación territorial, tecnoloxías de captura de información como teledetección e lídar, a planificación e xestión do risco e a cooperación para o desenvolvemento. Neste sentido cada edición conta coa participación de alumnos de Ecuador.

O máster tamén permite ao estudante iniciarse na investigación, particularmente aqueles que valoren acceder a un programa de doutorado, con actividades e materias orientadas á práctica investigadora.

En 2011 realizouse un programa de prácticas de campo en Aveiro, Portugal; en 2012 na rexión de Strofilia, Grecia, e nesta nova edición será na cidade de Almere, Holanda, estudando distintos contextos ambientais, sociais e económicos.

Pensando no achegamento ao futuro traballo profesional, nesta edición o máster ofrece contratos de investigación e bolsas de formación que permitirán aos alumnos aplicar a aprendizaxe adquirida a distintos casos prácticos.

Na páxina web do máster http://masterterra.usc.es pódese ter máis completa información, ou escribindo ó correo masterterra@usc.es


 

O Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio combina catro significados do concepto terra: ambiental, social, económico e cultural. O seu eixo central é o deseño de novos modelos de xestión territorial nun contexto complexo, adecuados ás características de cada espazo. Unha realidade complexa só pode ser abordada desde un enfoque multisectorial e transdisciplinario, polo que o máster inclúe contidos de carácter tecnolóxico, ambiental, de planificación e xestión, e de tipo social.

O programa está concebido para formar no coñecemiento e nas técnicas necesarias para a investigación e o exercicio profesional na planificación dos usos do solo, así como o deseño de políticas e programas para levar a cabo unha xestión sustentable da terra como recurso. Estes profesionais deben familiarizarse coa teoría e práctica dos procesos de avaluación e planificación, a resolución de conflictos de propiedade, nun contexto diverso no sector público, a empresa, as organizacións da sociedade civil e a investigación académica.

As metas do máster son:

  • Formar especialistas que, a partir do recurso terra, desenvolvan novos modelos de territorio, e sexan parte dos mesmos
  • Aproveitar as tecnoloxías da información xeográfica para unha nova xestión territorial, integrando as ciencias naturais, as ciencias sociais e a enxeñería
  • Incorporar os resultados da investigación ao proceso de aprendizaxe
  • Promover a hibridación académica, cultural e xeográfica entre disciplinas e persoas
  • Construir novos territorios
USC. MASTER UNIVERSITARIO EN XESTIÓN SOSTIBLE DA TERRA E O TERRITORIO

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario