Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

18/07/2012 | Acertos e Desastres 2009

CENTRO BOTÍN DE ARTE EN SANTANDER DE RENZO PIANO

Arranca en Santander a construción do Centro Botín.

Coa retirada do valo que separa o antigo aparcadoiro do Transbordador do centro de Santander, Emilio Botín e Renzo Piano iniciaron, de forma simbólica, a construción do Centro Botín.


Arquitectura para crear cidade e achegala á Baía

O
Centro Botín foi deseñado polo prestixioso arquitecto Renzo Piano, galardoado co premio Pritzker e considerado como o mellor do mundo para deseñar espazos para a arte e para integrar as cidades co mar.

Piano describiu o Centro Botín como un espazo "para a arte, a música, a lectura, a educación e o intercambio cultural". Este proxecto enmárcase na súa traxectoria persoal de deseño de centros culturais abertos e accesibles a todos, dende o Centro Pompidou de París, pasando polo Auditorum de Roma, a Fundación Beyeler en Basilea, ou a Morgan Library en Nova York.

O primeiro obxectivo do proxecto é unir o centro de Santander coa Baía, ata agora separados por un aparcadoiro. Grazas a un túnel de máis de 200 m, dóbrase a actual extensión dos xardíns de Pereda, o principal parque histórico de Santander, e achégase Santander ao mar. O edificio "levita" sobre o terreo e non supera a altura das árbores do parque, salvando e enmarcando as vistas da Baía.

No deseño, a lixeireza foi a principal busca do arquitecto. O edificio aséntase sobre unhas columnas para non quitar as vistas da Baía e deixar pasar a luz. Unha das maiores innovacións técnicas do proxecto, que dotará ao Centro Botín dun carácter especial, é o revestimento do edificio con 360.000 pezas de cerámica. Serán como poros por onde a pel poida respirar, de pezas planas na parte inferior, que se empenarán nos laterais e no seu camiño cara á cuberta se irán inchando ata abrirse. Todo para aproveitar a luz que chega de arriba para iluminar os espazos de arte, e a que chegará por abaixo, reflectida na auga, para dar luz ás novas prazas cubertas que o edifico xerará.

O edificio distribúese en dous volumes, un para a arte e o outro para a educación, conectados por un xogo de pequenas prazas e pasarelas que o arquitecto chama "pachinko", ("Pinball" en xaponés). O Pachinko será un espazo público que encherá de vida o edificio e servirá, á vez, como distribuidor exterior do Centro (nalgúns detalles, recorda o xogo de ascensores e escaleiras exteriores do Centro Pompidou).

O Centro dispoñerá de 2.500 m2 para exposicións, un espazo multifuncional para 300 persoas, e espazos educativos e sociais. En planta baixa só se ocuparán 350 m2 que se destinarán a un espazo social, aberto, que incluirá zonas de estar, restaurante e cafetaría, e tenda. As paredes da planta baixa serán de cristal e as instalacións estarán no soto, para que en todo momento se poidan gozar as vistas da Baía.

A integración de arte e educación, columna vertebral do proxecto

O
Centro Botín non será un museo, nin só un Centro de Arte. A súa actividade integrará as artes e a educación cun obxectivo social. A arte que por si mesmo fertilizará a vida da cidade, e a arte como medio para desenvolver a creatividade a través dun innovador programa educativo, froito da experiencia da Fundación Botín no desenvolvemento da intelixencia emocional e social e da creatividade.

A programación artística estará liderado por Vicente Todolí, Presidente da Comisión Asesora de Artes Plásticas da Fundación. Todolí, que dirixiu a Tate Modern de Londres, será o encargado de potenciar e proxectar a xa longa traxectoria de arte da Fundación Botín, que só hai unhas semanas clausuraba a
exposición de dibujos de Murillo máis importante que houbo ata a data, e que esta mesma semana inaugurará unha importante exposición sobre María Blanchard Cubista producida co MNCARS de Madrid.

Ademais no Centro terán o seu espazo a música, o cine, a poesía e outras formas culturais que, integradas coas artes e a educación, explorarán un novo modelo de centro cidadán e social.

CENTRO BOTÍN DE ARTE EN SANTANDER DE RENZO PIANO

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario