Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

25/07/2012 | Formación

A EGAP convoca o II Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 138, do xoves, 19 de xullo de 2012, o II Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia; levado a cabo en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Dirección Xeral de Administración Local e o Instituto de Estudos do Territorio (IET).

Esta actividade formativa ten como obxectivos transmitir a necesidade da renovación e rehabilitación urbana como unha alternativa ao modelo de crecemento urbano sen límites, dar a coñecer unha metodoloxía válida para realizar as memorias-programa para a petición de ARI´S, e amosar como conseguir unha xestión eficiente dos programas de rehabilitación, entre outros.

Número de prazas: 40
Destinatarios: empregados públicos -do grupo A (subgrupos A1 e A2), dos grupos I e II do persoal laboral ou persoal eventual- (30 prazas), e persoal contratado polas administracións públicas ou profesionais con estudos superiores relacionados co eido de estudo (10 prazas).
Duración: 50 horas, entre o 5 de novembro e o 3 de decembro de 2012
Lugar: Sede da EGAP, Santiago de Compostela
Horario: os luns, martes e mércores das 16.00 ás 20.00 horas
Prezo da matrícula: entre 200 e 400 euros
Prazo de inscrición: do 20 de xullo ao 8 de agosto
Lugar de inscrición: http://egap.xunta.es/cursoRehabilitacion
Máis información: http://egap.xunta.es/fichacurso/index/6072

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario