Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

25/07/2012 | Formación

A EGAP convoca o Curso de Sistemas de Información Xeográfica 2012

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 138, do xoves, 19 de xullo de 2012, o Curso de Sistemas de Información Xeográfica 2012; unha actividade formativa realizada en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Dirección Xeral de Administración Local e o Instituto de Estudos do Territorio (IET).

O curso está deseñado para que o alumnado adquira os coñecementos teórico-prácticos e habilidades necesarias para aplicar solucións con información xeoespacial utilizando sistemas de información xeográfica. Combina o estudo dos fundamentos teóricos dunha ferramenta SIX cunha completa formación práctica no uso dos sistemas de información xeográfica co obxectivo de que os alumnos aprendan a xestionar a información xeoespacial de maneira eficiente. Ademais, este curso ten como obxectivo xeneralizar o uso dos SIG na Administración e que este tipo de tecnoloxías e as súas aplicacións se dean a coñecer á sociedade.

Os alumnos recibirán gratuitamente unha licenza do programa Arcgis 10 válida por un ano, que se lles instalará no seu portátil a aqueles alumnos que prefiran seguir as clases prácticas co seu propio portátil.

Número de prazas: 30
Destinatarios: empregados públicos -do grupo A (subgrupos A1 e A2), dos grupos I e II do persoal laboral ou persoal eventual- (15 prazas), e persoal contratado polas administracións públicas ou profesionais con estudos superiores relacionados co eido de estudo (15 prazas).
Duración: 248 horas, entre o 1 de outubro de 2012 e o 13 de xuño de 2013
Lugar: Sede da EGAP, Santiago de Compostela
Horario: luns e mércores das 16.00 ás 20.00 horas
Prezo da matrícula: entre 1.200 e 2.400 euros (en dous prazos)
Prazo de inscrición: do 20 de xullo ao 8 de agosto
Lugar de inscrición: http://egap.xunta.es/cursoSig
Máis información: http://egap.xunta.es/fichacurso/index/6108

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario