Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

27/07/2012 | Noticias

HISPANIA NOSTRA. " Máis de 400 construcións do Patrimonio español, ameazadas pola humidade e falta de mantemento,"

A crise e o recorte de presupostos ameaza a conservación do noso Patrimonio. Nos últimos meses, a Catedral de Santiago de Compostela, o Auditorio de Fuerteventura, o museo Arqueológico de Asturias ou o Acueduto de Segovia, foron algúns dos monumentos históricos, arquitectónicos e culturais da nosa xeografía, que non se encontraron en condicións óptimas, segundo os datos ofrecidos pola asociación española Hispania Nostra.

Mediante un comunicado, esta empresa sinala que un total de 417 edificacións ao longo de todo o territorio español se encontran en "mal estado ou en perigo de desaparición".

As catedrais, mosteiros, igrexas, fortalezas, ermidas, basílicas, pazos, castelos, torres, murallas, teatros e resto de edificacións conservadas durante séculos, moitas delas patrimonio da humanidade, ven como o paso do tempo e a falta dun mantemento oportuno, as deteriora sen remedio.

Na súa opinión, unha das causas máis rechamante e daniña para todo este conxunto artístico de construcións e bens de gran valor, son os problemas de humidade. "Os efectos que ocasionan estética, material e estruturalmente son desvastadores e orixe de incalculables perdas económicas, ademais de patrimoniais", sinalan.

Neste sentido, Miguel Ángel López, director nacional de Murprotec en España, asegura que "As patoloxías de humidade na edificación poden ter orixes diversas e son un mal do que non se libran moitos edificios. O problema é que non sempre se detectan, sobre todo se están inhabitados ou abandonados, como acontece con algunhas igrexas, castelos ou monumentos do noso patrimonio.

Así mesmo, asegura que diagnosticar as humedades para poder solucionalas é o máis importante porque o paso do tempo, se non se reparan, deixará nun estado de deterioración moi grave a construción.

"As humedades estruturais, ben sexa por capilaridade, por condensación ou por infiltracións laterais, atacan ás edificacións poñendo en risco a súa fortaleza e solidez. Os materiais cos que están construídas, ao humedecerse, producen un desgaste acelerado en alicerces, paredes e revestimentos".

"Ademais, de forma prolongada, calquera obxecto, mobiliario ou composición, independentemente do material co que fose fabricado, sufrirá as consecuencias da humidade, xa que esta precipita a súa deterioración química e biolóxica," subliñan dende Murprotec.

HISPANIA NOSTRA. LISTA VERMELLA DO PATRIMONIO

HISPANIA NOSTRA. LISTA VERMELLA DO PATRIMONIO_POR LOCALIZACIÓN

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario