Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

11/09/2012 | Noticias

Lab iPEPRI. PREVISIÓNS.

Como xa foi informado con anterioridade, a Delegación desenvolverá en colaboración co Concello de Lugo un Laboratorio de traballo no ámbito do PEPRI.

Aínda que esta información foi feita pública fai algún tempo, e ante as consultas recibidas, considérase oportuno clarexar que o proxecto segue en preparación.

Os convulsos tempos colexiais que vivimos, así como a propia complexidade de organización, coordinación e financiación dun laboratorio deste tipo ralentizaron moito mais do esperado o tempo de preparación e redacción dos convenios necesarios coas entidades participantes.

A Xunta Directiva desta Delegación ven desenvolvendo os traballos preparatorios dende o ano pasado, e atopámonos en condicións de afirmar que o Laboratorio iPEPRI poderá iniciarse e desenvolverse nun curto prazo.

Por este motivo, e aínda que será comunicado coa debida publicidade, recomendámosvos que estedes atentos as vindeiras entradas sobre esta actividade a desenvolver nesta Delegación.

En breve indicaranse as condicións, características, prazos, cronograma e demáis informacións que permitan coñecer a fondo este Lab iPEPRI e participar no mesmo.

Comentarios

Estará aberto a colexiados doutras delegacións?

Estará aberto a colexiados doutras delegacións?

Las condiciones a los participantes están siendo todavía estudiadas. 
Si bien, a petición de la administración pública que aporta los fondos necesarios, se prevé serán preferentemente de Lugo.
En breve informaremos de las condiciones exactas que se establezcan.

Estupendo.
Me alegra que la propuesta siga adelante.

Estupendo.
Me alegra que la propuesta siga adelante.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario