Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

15/09/2012 | Revista de prensa

LA VOZ DE GALICIA. ÁLVARO SIZA

O arquitecto portugués Alvaro Siza, premio Priztker ao conxunto da súa obra, di ter «ultimamente» a sensación de que no seu país «de novo» vive «en ditadura». Siza interveu hoxe, cunha entrevista gravada, na VIII Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo (BIAU), que se celebra en Cádiz e á que non puido asistir debido a que en xullo fracturou un brazo.

Na entrevista, Siza, de 79 anos, renega de que se lle considere un patriarca dos arquitectos: «o proceso de aprendizaxe non remata, a non ser que remate a consciencia ou que chegue a morte». E a continuación explica que a aprendizaxe «máis dura, máis forte» que tivo «ultimamente» é o de asumir a sensación de que en Portugal «de novo vivimos en ditadura». Quéixase de que «aquí (en Portugal) temos unha ditadura» que «aparentemente» inclúe «unha negociación» pero «non» se ve «a negociación» e apunta que «España poderá estar preto dunha situación similar».

O arquitecto di que se apunta á teoría de que a Democracia é o menor dos males, aínda que pon como exemplo a arquitectura para mostrar a súa desconfianza en que os partidos políticos tomen as decisións pensando no ben común. «Cando unha cidade cambia a composición política dominante os proxectos anteriores son cortados a maior parte das veces. Hai un apetito de ruptura total que ten que ver con intereses e con procesos de afirmación política. Eu creo que iso é moi prexudicial para a cidade». «O que me impresiona -engade- é que en Portugal en xeral se constrúe mal e, a pesar das regulacións, parece non haber interese en construír ben».

Para Siza «a relación entre a política e a arquitectura é evidente a través da historia», sobre todo porque é «o poder» quen fai a maior parte de proxectos de envergadura e tamén porque non se pode ser persoa sen ideoloxía e tampouco arquitecto. No seu caso podería traducirse en que el encara «a participación como unha parte do material do proxecto». «Cando un fai unha casa para unha familia fala, e ás veces moito, co pai, coa nai, coa avoa, e ese diálogo é un alimento moi importante da arquitectura, se non existise habería unha especie de baleiro», unha especie de «expropiación» que unicamente permitiría facer «hipoteticamente» máis rápido os proxectos.

Para Siza «cada traballo ten a mesma importancia» aínda que non encara os encargos da mesma forma porque lle parecen «apetecibles» só aqueles nos que ten «unha intuición de que se vai facer». «Se parece que non, e actualmente case todos parece que non, xa me interesan pouco».

LA VOZ DE GALICIA. ÁLVARO SIZA

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario