Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
19/09/2012 | Formación
A Asociación Clúster da Xeotermia de Galicia – ACLUXEGA ten o pracer de convidar á Xornada sobre Xeotermia que se celebrará neste mes de Setembro, en Lugo (Día 26) e Ourense (Día 27).
ACLUXEGA en colaboración co IGAPE, organiza unhas Xornadas de Sensibilización sobre a Xeotermia, no marco das súas iniciativas abertas de difusión. O principal obxectivo destas xornadas é “potenciar o coñecemento da xeotermia”.
O desenvolvemento das mesmas se centrará en catro aspectos de interese, presentación de ACLXUEGA, que é a xeotermia, usos da xeotermia en edificación e casos prácticos.
As xornadas están dirixidas a: Arquitectos, Aparelladores e Arquitectos Técnicos, Departamentos Técnicos Urbanismo, Deputación e Concellos, Enxeñeiros industriais, Enxeñeiros Técnicos Industriais, Técnicos de Fontanería e Calefacción. Empresarios da Construción, Empresarios do Sector, Parques Empresariais, Promotores, persoas interesadas, etc.
No acto Intervirán:
- Manuel López Portela, Presidente de Acluxega.
- Enrique Orche, Catedrático do Departamento de Prospección e Investigación Mineira da Universidade de Vigo.
- Juan Ignacio Rodríguez, Responsable da Área de Edificación de ENERGYLAB.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.