Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

20/09/2012 | Cursos

Máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega. Inscrición e bolsas

A Escola Galega da Paisaxe e a Fundación Juana de Vega presentan unha nova edición do seu Máster de Arquitectura da Paisaxe.

O prazo de inscrición na Universidade da Coruña e na Universidade de Santiago é dende o 17 de setembro ao 5 de outubro e a Fundación Juana de Vega convoca ata 12 bolsas de matrícula de 800 euros cada unha.

A formación de arquitectura da paisaxe está amplamente estendida por Europa e outros continentes e constitúe en moitos países unha titulación universitaria de grao dende hai moitos anos.

Actualmente en Europa existe un movemento asociativo de Escolas de Arquitectura da Paisaxe que se denomina ECLAS (European Council of Landscape Architecture Schools) que ten por obxecto promover e desenvolver os estudos de arquitectura da paisaxe fomentando o contacto e o enriquecemento destes a través do diálogo entre os membros da comunidade académica e representando as Escolas/estudos a nivel institucional no ámbito da Unión Europea.

En consonancia con este Consello Europeo estase a desenvolver a rede temática " Le-Notre" que engloba máis de 100 universidades de todo o mundo para a homoxeneización dos estudos de arquitectura da paisaxe a nivel global.

Neste contexto, nace no ano 2006 o máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega froito dun convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Juana de Vega co obxectivo de dar formación especializada no ámbito do paisaxismo cubrindo o oco formativo existente no sistema universitario español e galego en relación á disciplina da arquitectura dá paisaxe e o complexo mundo de coñecementos que se relacionan con esta.

Máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega. Inscrición e bolsas

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario