Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

21/09/2012 | Noticias

BMC. ARQUITECTOS EN REDE

BMC Maderas liderou e puxo en marcha o Proxecto "Arquitectos en REDE", como queira que na demarcación de Lugo non existe ningún membro da REDE, realiza o ofrecemento de incorporarse a este Proxecto "Arquitectos en REDE" a aqueles arquitectos que o consideren de interese para a súa proxección profesional.


"Que é REDE de Arquitectura para arquitectos?

O proxecto empresarial Arquitectura para Arquitectos está baseado na creación dun equipo de Arquitectos altamente especializados no coñecemento global dos Produtos Industriais de Madeira.

Quen coordina este equipo?

BMC Madeiras, co seu equipo técnico e apoiado polos departamentos técnicos das empresas coas que mantén alianzas estratéxicas (empresas de referencia mundial en cada ambito de actividade), achega a formación a este equipo e apoia a resolución de consultas técnicas ou económicas que se formulan.

Que ámbito xeográfico abrangue a REDE ?

Xeograficamente a REd ten vocación de cubrir todo o territorio español, iniciando xa a súa expansión por Portugal. En cada provincia haberá un responsable da REDE.

A gama de productos industriais pretende ser global, selectiva e homoxénea, abranguendo:

- Produtos: Pavimentos, Carpinteria Interior e Exterior, Escaleiras, Revestimentos decorativos e técnicos, interiores e exteriores, Equipamento, tabiques móbiles, Area Alta Seguridad.....

- Ámbito operativo: Hoteis, Vivendas de Luxo, Edificios Representativos, Area Seguridad Pasiva....

Cuáles son os seus obxectivos ?

Os arquitectos membros da REDE, cunha formación especializada, pretenden achegar co seu coñecemento cualificado a aqueles proxectos nos que a complexidade técnica, esixencias especificas ou altos requirimentos de calidade xustifique a intervención de especialistas que garantan un proxecto completo, actualizado e innovador e cun rigoroso control económico, posibilitando finalmente unha dirección de obra amigable, sen ambiguedades que conduzan á confrontacion e sangría económica á dirección técnica.

Cómo actuan os membros da REDE?

Os arquitectos membros da REDE ofrecen unha participación técnica nos proxectos de terceiros, sendo a súa achega gratuíta e coa única condición de que o que se proxecte, logo de analisis e consenso de adecuación técnica, estética e económica, sexa o que se execute.

Por qué unha REDE ?

O vínculo entre o arquitecto, o xestor de coñecemento e a industria de vangarda é o camiño elixido para a creación dun equipo humano cunha sólida formación que, utilizando o mesmo "idioma" e participando dos mesmos principios e compromisos, permita crecer en credibilidade, solvencia profesional e, definitivamente, en recoñecemento social polo gran valor engadido que a súa participación achega aos proxectos da arquitectura.

O coñecemento compartido permite crecer exponencialmente en capacidade de resposta."

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario