Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

22/09/2012 | Noticias

DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA 2012

Este ano, a delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, adicará o vindeiro 1 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura de modo xeral á arquitectura do Movimento Moderno, e de xeito concreto a poñer en valor a obra e o traballo do arquitecto Eloy Maquieira Fernández (1901-1944).

A obra do Movimento Moderno transformou os nosos espacios, pobos e cidades, recollendose isto no espíritu do lema do Día Mundial da Arquitectura 2012 adoptado pola Unión Internacional de Arquitectos: «O arquitecto: axente transformador da cidade» (Architects are city changers).

A figura de Eloy Maquieira recolle, ó igual que outros arquitectos desa época en Lugo, no seu traballo este profundo respecto pola cidade e a súa historia, pero co fin de transformala e mellorala.

Por todo elo a Delegación desenvolverá unha serie de actos e actividades ó longo da primeira semana de outubro.

Entre outros está prevista a colocación dunha placa na Casa de Roca (Praza Maior 6-7, Lugo) de recoñecemento a nivel nacional do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España por estar esta obra incluída no rexistro da Fundación do.co,mo.mo. ibérico.

Nos vindeiros días iremos incorporando na web da delegación de Lugo entradas cos edificios recollidos no Rexistro do do.co,mo.mo. na provincia de Lugo.

Nembargantes, informarase máis polo miudo por circular colexial dos actos previstos para ese día pola nosa delegación.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario