Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

23/09/2012 | Noticias

DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: ESCOLA DE TRABALLO

O inventario do Movemento Moderno na nosa provincia inclúe un grupo de edificios que iniciamos nesta serie de publicacións na web da delegación coa "Escola de Traballo" de Eloy Maquieira.


Escola de Traballo (na actualidade IES Xoan Montes)

Autor: Eloy Maquieira Fernández

Ano: 1934

Dirección: Rúa Montevideo, 8. CP: 27001. Municipio: Lugo

Memoria

A Escola de Traballo é un dos escasos exemplos da primeira modernidade arquitectónica en Galicia, nos que os ideais funcionais e construtivos son tan importantes como os logros formais. A súa construción interrompeuse pola Guerra Civil e ao continuarse as obras, baixo o réxime ditatorial, introducíronse modificacións que esvaeceron algunhas das máis interesantes disposicións modernas do edificio. As terrazas, que o arquitecto prevía cubertas de terra vexetal, «para que os alumnos de horticultura fagan prácticas» ocultáronse baixo faldróns de lousa. A piscina interior aberta a un baleiro de tres alturas (o centro do edificio) con trampolíns nas diferentes alturas deste espazo, cubriuse, permanecendo o seu vaso de formigón nos alicerces do edificio.

As modernas formas deste edificio levántanse no interior da muralla romana lucense, a escasos metros desta. As esquinas redondeadas do triángulo que forma a súa planta dialogan coas formas do venerable monumento, e a súa altura iguálase á do adarve da muralla, nunha declaración de intencións o modo en que a modernidade, sen imitar formas do pasado, pode convivir en harmonía coas presenzas monumentais das nosas cidades.

Fernando Agrasar


DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: ESCOLA DE TRABALLO


No caso que apreciedes erros ou puiderades achegar novos datos ou imaxes de interese pregámosvos remitádelas á conta: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org ou mediante o apartado de comentarios incluído nesta páxina.

Agradecémosvolo e, con sumo interese incorporarémolas á presente entrada.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario