Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

27/09/2012 | Noticias

DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: VIVENDAS DE RENDA LIMITADA ROSALÍA DE CASTRO

A entrada de hoxe no inventario do Movemento Moderno na nosa provincia inclúe as "Vivendas de Renda Limitada Rosalía de Castro" de Ramón Vázquez Molezún.


 

Vivendas de Renda Limitada Rosalía de Castro (na actualidade Los Octógonos)

Autor: Ramón Vázquez Molezún

Año: 1956/58

Dirección: Avenida Doctor García Portela 1. CP: 27002. Municipio: Lugo

Memoria
Cando se ten a memoria do proxecto redactada da man do propio arquitecto e se ademais este é Vázquez Molezún quizais o mellor sexa copiar literalmente: «as vivendas [15] proxéctase construílas nun soar situado na cidade de Lugo formando cabeza de mazá, cunha fachada principal dando fronte ao parque de Rosalía de Castro con orientación NW, un chafrán dando á praza de Avilesino e outra gran fachada dominando sobre o val da Cidade Universitaria con orientación SUESTE, en fronte da edificación da nova Escola de Comercio [...] para desenvolver o programa eran necesarias tres vivendas por planta, foi necesario adoptar unha forma octagonal para cada vivenda, unidas por un lado común e agrupadas ao redor dunha escaleira central. Deste xeito pódense adaptar doadamente dous destes octógonos para unha soa vivenda por tratarse de dez promotores dos cales cinco son familia numerosa [...]. A estrutura vertical estará formada por piares de formigón armado fundados sobre firme de lousa alterada que reúne condicións óptimas para este fin. As vigas periféricas forman o peitoril de ventás cun considerable canto útil e notable economía de aceiro nas armaduras».

Celestino García Braña


DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: VIVENDAS DE RENDA LIMITADA ROSALÍA DE CASTRO


No caso que apreciedes erros ou puiderades achegar novos datos ou imaxes de interese pregámosvos remitádelas á conta: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org ou mediante o apartado de comentarios incluído nesta páxina.

Agradecémosvolo e, con sumo interese incorporarémolas á presente entrada.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario