Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

30/09/2012 | Noticias

DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: IGREXA DE SANTA CRUZ DE O INCIO

A entrada de hoxe no inventario do Movemento Moderno na nosa provincia inclúe as "Iglesia de Santa Cruz do Incio" de José Fernández del Amo Moreno, José Luis Gómez Paredes (vidreiras), José Luis Sánchez Fernández (altar, sagrario e imaxe da Dolorosa).


Iglesia de Santa Cruz de O Incio

Autor: José Fernández del Amo Moreno, José Luis Gómez Paredes (vidrieras), José Luis Sánchez Fernández (altar, sagrario e imagen de la Dolorosa)

Año: 1960

Dirección:  Plaza de España 17. CP: 27346. Municipio: O Incio

Memoria

Del Amo construíu catro igrexas en Galicia, en Chantada, en Lugo, en Baio e en Cruz do Incio. Desta última é da que máis satisfeito se sentía, en parte debido a que puido dirixir as obras de construción na súa totalidade. Esta pequena igrexa rural explora, dende a súa modestia, as posibilidades poéticas e expresivas dunha modernidade que se prega ás condicións do ámbito para fundirse con el.

O diálogo establecido entre materiais tradicionais, como os muros de laja de lousa ou os pavimentos de pedra das canteiras próximas, con outros de carácter industrial, como as cerchas e os soportes de aceiro, xera un espazo moderno que reclama, con decisión, a súa identidade.

A participación de José Luis Gómez Paredes no deseño dos vitrais e de José Luis Sánchez nas pezas escultóricas do altar e do sagrario recolle o espírito do deseño do arquitecto nunha clara sintonía entre a creación plástica e a arquitectónica naqueles anos.

O deseño do campanario, concibido como un prisma de lousa cego, mostra a súa vontade moderna situando unha esfera de reloxo no centro, unha celosía rañurar mordendo a esquina superior e unha estilizada agulla como remate. Esta peza, que protagoniza a composición, tamén posúe unha vontade territorial ao desempeñar o papel de elemento referencial no territorio circundante, o que vincula, con especial intensidade, modernidade e tradición.

Fernando Agrasar


DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: IGREXA DE SANTA CRUZ DE O INCIO


No caso que apreciedes erros ou puiderades achegar novos datos ou imaxes de interese pregámosvos remitádelas á conta: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org ou mediante o apartado de comentarios incluído nesta páxina.

Agradecémosvolo e, con sumo interese incorporarémolas á presente entrada.

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario