Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

05/10/2009 | Noticias

Primeiro luns de outubro, Día da Arquitectura. " A enerxía das asociación cidadáns comprometidas coa defensa da arquitectura e do territorio"

O Consello da Unión Internacional de Arquitectos UIA decide celebrar o Día Mundial da Arquitectura 2009 co lema "A Enerxía dos Arquitectos contra a Crísis Global", para explicar así o compromiso
da profesión en pensar, proxectar e executar solucións técnicas cada vez máis axeitadas aos retos emerxentes ambientais, económicos, sociais e éticos.
A Delegación de Lugo del Colegio de Arquitectos de Galicia fai seu o lema matizándoo ou completándoo como " A enerxía dás asociación cidadáns comprometidas coa defensa dá arquitectura e do territorio".
Queremos así agradecer e celebrar o entusiasmo e dedicación de tantas asociacións cidadás comprometidas, con enerxía e eficacia, na defensa da arquitectura e o territorio; moitas delas moi próximas e de resultados que todos coñecemos nestes mesmos días e no noso mesmo territorio galego.
Ante a inercia desesperante das institucións, ante a resiganción individual e a tentación acomodaticia das corporacións, resulta refrescante e estimulante as accións dos colectivos que van máis alá do mero recurso e que entran en acción coa denuncia real, o inventario e a prédica do exemplo na defensa e promoción do noso patrimonio natural e cultural.
A todas elas, neste Día Mundial da Arquitectura vaia a nosa homenaxe e recoñecemento, como cidadáns e como arquitectos tamén, como non.