Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

02/10/2012 | Revista de prensa

DÍA MUNDIAL DE LA ARQUITECTURA. COAG LUGO. REVISTA DE PRENSA

LA VOZ DE GALICIA.-


"Os arquitectos reivindican o patrimonio urbano do século XX"

Lugo conmemora hoxe o día mundial da arquitectura co primeiro dunha serie de actos de homenaxe e divulgación sobre o chamado movemento moderno, que desde os primeiros anos do século pasado transformou pobos e cidades coas súas formas simples, a súa renuncia á decoración excesiva e o uso de novas técnicas e materiais como o cemento ou o aceiro. A delegación provincial do Colexio de Arquitectos de Galicia colocará unha placa na coñecida como Casa de Roca.


 

"A transformación urbana centra o Día Mundial da Arquitectura"

Entre 1947 e 1951 a Empresa Nacional Calvo Sotelo (despois Endesa) acometeu nas Pontes a construción do Poboado das Veigas, concibido para aloxar aos traballadores da mina e a central térmica. O espazo, no que se poden atopar unha igrexa, un colexio, as instalacións deportivas do C. D. As Pontes e a sede do grupo de empresa, foi deseñado seguindo un modelo de cidade-xardín.

As vivendas, de planta baixa e un piso, distribuíanse en bloques de encostados segundo a cualificación profesional -enxeñeiros, peritos, obreiros, só era exenta a do director da compañía- e incluían comodidades pouco comúns naquela época: calefacción central, dous baños (ou baño e aseo), salón e sala-comedor separados, galería, xardín...

Este modelo de planificación urbana é un dos que hoxe quixo destacar o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) con motivo do Día Mundial da Arquitectura. A efeméride, impulsada pola Unión Internacional de Arquitectos e que se celebra o primeiro luns de outubro coincidindo co Día Mundial do Hábitat, leva este ano como mensaxe O arquitecto como transformador da cidade. O lema pretende homenaxear e recordar a aqueles arquitectos que durante o século pasado «emprenderon unha labor radical de transformación urbana, estreitamente ligada ás circunstancias do momento -explica el COAG-. Un traballo vinculado á industrialización e á construción do espazo público, que permitiu resolver os daquela novos problemas funcionais e sociais derivados do crecemento acelerado».

Da man da Fundación Docomomo Ibérico, unha das actividades da conmemoración será a colocación de placas informativas en edificios destacados da arquitectura moderna nas catro provincias galegas. Cada delegación do colexio de arquitectos seleccionou unha obra, buscando facer unha reflexión sobre un patrimonio cuxa fraxilidade require especial atención.

Así na Coruña elixiuse a lonxa de Gran Sol (1960), de Eduardo García de Deus e Félix Calderón Gaztelu, un edificio industrial que influíu na paisaxe urbana e que, a pesar de representar unha arquitectura cotiá e funcionalista que pasa desapercibida, é unha obra de arte. A lonxa «é un símbolo da época onde o compromiso coas novas necesidades sociais e técnicas construtivas deron lugar a obras de arquitectura excepcionais», indican os arquitectos coruñeses; hoxe, ás 13.30 horas, realizarán unha visita guiada e comentada por Fernanda Agrasar.

O poboado mineiro de Fontao, en Vila de Cruces; o polígono de Vite, en Santiago, e diversos exemplos do movemento moderno na Terra Chá (Lugo) -igrexa do Incio- e en Vigo -Real Club Náutico, edificio Plastibar- son outras arquitecturas obxecto de recoñecemento este día.


EL PROGRESO.-

"Praca conmemorativa na Casa de Roca"

A delegación lucense do Colexio de Arquitectos de Galicia colocou onte unha placa na Casa de Rocha, nos números 6 e 7 da Praza Maior, por estar incluída no rexistro da Fundación Docomomo Ibérico.


TVG.-

"Celebración do Día da Arquitectura con homenaxe a Maquieira"

"O Día Mundial da Arquitectura reivindica o papel do arquitecto na transformación das cidades"

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario