Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

07/01/2013 | Reunións

Reunión conxunta das Xuntas Directivas de Lugo e Ferrol

Reunión conxunta das Xuntas Directivas de Lugo e Ferrol.


Organiza. Delegación de Ferrol.
Participa. Delegación de Lugo e Ferrol.
Lugar. Delegación de Ferrol.
Data. Luns 7 as 11 da mañá.


Con motivo da celebración do día de San Xiao, terá lugar un acto de irmanamento entre as delegacións de Ferrol e Lugo enmarcada nos actos institucionais que se celebrarán na cidade.

A especial situación pola que atravesa o oficio de arquitecto, o feito de compartir un espazo xeográfico e cultural común como é a diócese de Mondoñedo e as amplas relacións familiares existentes na ribeira cantábrica do país abren importantes campos de colaboración entre ambos colexios que permiten ampliar a presenza institucional e o servizo ós concellos, asociacións e poboacion que habita estes territorios históricos.

Trascendendo percepcións falsamente localistas búscase unha ampla visión integradora de todo este territorio de fortes vencellos socioeconómicos.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario