Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

13/01/2013 | Revista de prensa

EL PROGRESO: "OS ARQUITECTOS LUCENSES RECORREN A REORDENACIÓN COLEXIAL E OS DESPEDIMENTOS"

A Delegación de Lugo presentou no rexistro colexial un Recurso contra a decisión da Xunta de Goberno do pasado 3 de decembro pola que se iniciaba o proceso de reestruturación colexial e, ao abeiro do cal se iniciou a tramitación do ERE que foi manifestamente rexeitado polas asembleas de delegación anteriores así como a asemblea xeral do 20 de decembro.

Esta decisión responde á vontade e decisión da Asemblea de delegación do pasado 7 de xaneiro, na que de forma unánime se decidiu tomar medidas contra a Xunta de Goberno, en concreto aqueles dos seus membros que decidiron continuar coas medidas iniciadas incluíndo o ERE en contra da vontade maioritaria dos colexiados que non estaban de acordo cos modos e formas con que se tomaran medidas transcendentais para a organización.

Por todo iso, optouse por presentar en primeiro lugar un Recurso Ordinario contra o Acordo de Xunta de Goberno do 3 de decembro e a continuación un Escrito indicando a actual Xunta de Goberno colexial en funcións que en caso de continuar co seu plan, aquelas posibles consecuencias económicas e xudiciais futuras contra o Colexio, lles serán requiridas a todos eles contra o seu patrimonio persoal.

Ambos os dous documentos foron presentados o pasado 11 de xaneiro, seguindo o mandato da asemblea de delegación do luns 7 de xaneiro, pola Xunta directiva. Non obstante os colexiados, a título persoal empezaron a presentalos nos rexistros colexiais.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario