Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

15/01/2013 | Reunións

Refundación Estatutaria: 15 de xaneiro. Retransmisión en directo

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa sesión 18/2012 de 26 de decembro celebrada en Santiago de Compostela, acordou convocar unha reunión de traballo, aberta a todos os colexiados, para tratar cuestións relativas ao estado do proceso de refundación estatutaria. Esta reunión celebrarase no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo o vindeiro martes 15 de xaneiro de 2013, ás 17:00 horas.

Así mesmo, no transcurso da referida reunión o Sr. Decano en funcións procederá a informar aos asistentes das últimas novidades sobre a tramitación do anteproxecto da Lei de Servizos Profesionais.

Con esta reunión, xa prevista no proceso de Refundación Estatutaria, avanzarase na elaboración dos novos estatutos, de forma que se adapten ao modelo de colexio que xurda no proceso de debate entre todos os colexiados, e que permita ao Colexio responder ás necesidades actuais e de futuro dos arquitectos. Nesta reunión tomaranse as medidas oportunas para que a redacción dos novos estatutos sexa o máis áxil posible.

Por outra banda, recórdaselle aos colexiados que dende o día 3 de decembro, está a súa disposición un documento de traballo coas propostas xa presentadas polos arquitectos, así como aquelas outras recollidas na enquisa realizada. Tomando ese documento como base podense facer todas aquelas aportacións que se estimen oportunas para debatir na reunión.

Documento de traballo sobre a modificación de estatutos

http://refundacionestatutaria.coag.es/

Restransmisión en Directo a partir das 17:00 horas:  

http://www.coag.es/arquitectosgaliciatvdirecto/

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario