Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
23/01/2013 | Emprego
Resolución do 16 de xaneiro de 2013, da Xerencia do Consello de Administración do Patrimonio Nacional, pola que se publica o Acordo de convocatoria de bolsas para postgraduados para o ano 2013.
Con data de 18 de decembro de 2012, o Consello de Administración do Patrimonio Nacional adoptou o seguinte Acordo:
De conformidade co establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións; no Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003; e na Orde PRE/515/2005, do 28 de febreiro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas polo Consello de Administración do Patrimonio Nacional, na reunión celebrada o 18 de decembro de 2012, o Consello de Administración do Patrimonio Nacional acordou aprobar a convocatoria de seis bolsas para postgraduados nos termos que no anexo se acompañan.
A presente Resolución, en consecuencia, dítase en cumprimento do disposto na Base Segunda. 1, do artigo primeiro da Orde PRE/515/2005, do 28 de febreiro («BOE» do 5 de marzo), que establece que a convocatoria deberá ser aprobada polo Consello de Administración do Patrimonio Nacional e publicada no «Boletín Oficial do Estado».
Os sucesivos actos e calquera informacións que se deriven do presente proceso selectivo serán publicados na páxina web do Organismo (www.patrimonionacional.es).
Madrid, 16 de xaneiro de 2013. -A Xerente do Consello de Administración do Patrimonio Nacional, Alicia Pastor Mor.
...
Beca n.º 3: Desenvolvemento de planimetría para o conxunto dos edificios, xardíns e Padroados Reais do Patrimonio Nacional
Titulación exiXida: Formación universitaria:
• Licenciado en Arquitectura, con manexo de programas informáticos de dibuxo.
Adscrición: Dirección de Conservación de Bienes Histórico Artísticos.–Departamento de Arquitectura y Jardines.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.