Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
25/01/2013 | Emprego
O Concello de Lugo solicita ao Colexio de Arquitectos a designación, mediante sorteo, de tres arquitectos interesados en asumir a execución subsidiaria de obras no inmoble sito na Rúa Tinería nº4 da cidade de Lugo. O Concello seleccionará de entre os candiatos finalistas e facilitarálle a documentación necesaria para a presentación da oferta para a redacción do proxecto da obra citada.
Tanto os honorarios coma o resto de condicións contractuais estableceranse directamente co Concello de Lugo, realizando o Colexio únicamente a confección dunha lista por sorteo dos Arquitectos interesados en realizar o encargo.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.