Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

31/01/2013 | Noticias

CSCAE. DECLARACIÓN POLA ARQUITECTURA ESPAÑOLA

O Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España, fai pública a declaración de oposición ao borrador de anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais, segundo o cal para exercer a arquitectura en España, non faría falta ser arquitecto.


DECLARACIÓN POR LA ARQUITECTURA ESPAÑOLA

A Arquitectura está recoñecida pola nosa sociedade como unha actividade especifica, de interese público e cultural, cunha lóxica disciplinar e académica propia. Iso é así pola súa importancia como patrimonio cultural, e por ser na Arquitectura onde se satisfán as necesidades das persoas, que esixen un medio físico axeitado para o desenvolvemento da súa vida diaria, garantindo a súa habitabilidade e seguridade.

A UNESCO e a Unión Europea, a través de diferentes Directivas, proclamaron reiteradamente o interese público e cultural da Arquitectura, ao mesmo tempo que precisaron con detalle os coñecementos que deben cualificar o arquitecto.

O exercicio profesional da Arquitectura en España integrou as competencias formativas técnicas, artísticas e humanísticas necesarias para o desenvolvemento de proxectos e obras que permiten conformar espazos confortables, sólidos e seguros, e incorporar valores estéticos, ambientais e urbanos; polo que mereceu o recoñecemento internacional, e constitúe unha referencia universal de calidade e prestixio.

A Lei de Ordenación da Edificación concretou, en 1999, un marco normativo, avalado pola sociedade española, ao longo do último século, e consensuado nas últimas décadas por todos os axentes intervinientes no sector da edificación, que regula o exercicio da Arquitectura en total correspondencia co sistema estatal de títulos universitarios.

O cambio deste marco regulador proposto no borrador coñecido do Anteproxecto da Lei de Servizos Profesionais, é contrario ao ordenado polo Parlamento Europeo e supón unha renuncia, por parte do Estado, na súa obriga de garantir os dereitos dos cidadáns, sen que para iso exista demanda social ningunha.

Por todo o exposto, MANIFESTAMOS a nosa oposición a esta iniciativa que supoñería unha mingua dos dereitos dos cidadáns á arquitectura exercida en termos de calidade, responsabilidade e utilidade social.


Se desexas adherirche á presente declaración só tes que cumplimentar o seguinte formulario

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario