Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

02/02/2013 | Noticias

Juan Herreros, José María Ezquiaga e Salvador Pérez Arroyo gañadores do Premio Europeo de Planificación Urbana e Rexional por Madrid Centro

O Proxecto Madrid Centro de José María Ezquiaga, Juan Herreros e Salvador Pérez, xunto aos seus colabores, foron galardoados co importante Premio Europeo de Planificación Urbana e Rexional. Este premio entrégase cada dous anos e están organizados polo Consello Europeo de Urbanistas e o comité de rexións da Unión Europea.

Os organizadores pretenden con este premio promover o desenvolvemento sostible expresado na Nova Carta de Atenas 2003.

O premio foi outorgado a este proxecto polas seguintes razóns:

· El premio recoñece a innovación do proxecto e a mellora que supuxo na calidade de vida dos cidadáns
· El ámbito de actuación de Madrid Centro abrangue os distritos de Arganzuela, Salamanca, Retiro, Centro, Chamberí, Chamartín, Tetuán e parte de Moncloa-Aravaca
· Aborda dende a problemática do cambio climático ata o funcionamento dun centro metropolitano
· Polo seu alto valor técnico e a súa función de banco de ideas, o proxecto Madrid Centro é un documento de referencia na Revisión do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana de Madrid

Segundo o Xurado, "o proxecto demostra unha estratexia convincente de rexeneración urbana", e valora especialmente o tratamento das cuestións de escala, "dado que o traballo aborda dende a problemática do cambio climático ata o funcionamento dun centro metropolitano".

Un dos obxectivos principais do proxecto é volver o Centro de Madrid un lugar habitado, integrado socialmente, sostible, cultural, máis seguro e o máis importante, que mellore a calidade de vida dos que aí habitan.

Ademais deste premio, o proxecto fora recoñecido na Bienal Iberoamerica de Arquitectura e Urbanismo 2012 na categoría "Traballo de Investigacion".

(fonte: Plataforma Arquitectura)

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario