Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

10/02/2013 | Reunións

CONVOCATORIA REUNIÓN EXTRAORDINARIA E URXENTE DE DELEGACIÓN: 14 FEBREIRO

Tras a convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada na Circular de Secretaría 03-2013, para o próximo 18 de febreiro, na que se pretende someter a votación a aprobación do financiamento do ERE colexial.

A Xunta Directiva de Lugo, decidiu convocar,

Reunión Extraordinaria e Urxente da Delegación de Lugo, para o próximo xoves 14 de febreiro ás 19:30 e 20:00 (primeira e segunda convocatoria) no Salón de Actos da Delegación.

Considerouse necesario convocar esta Reunión e non unha Asemblea, porque estatutariamente non se cumprirían os prazos legais, ante o curioso adianto de datas da convocatoria de Asemblea ERE dende Sede colexial.

Esta Xunta directiva, pide desculpas por este tipo de convocatoria, pero entendemos que a prioridade é que os colexiados desta delegación estean informados aínda que sexa nunha reunión e non unha asemblea.

Ante a situación colexial e últimas decisións adoptadas dende Sede colexial, o obxectivo desta Reunión de delegación en Lugo é tratar:

1. Asemblea Xeral Extraordinaria, do 18 de febreiro en Santiago, sobre o financiamento do ERE iniciado,
2. Proceso electoral aberto,
3. Rogos, preguntas e propostas.

Lugo, a 09 de febreiro de 2013




José Luis Sanmiguel Guerreiro
Secretario
Xunta Directiva da Delegación de Lugo

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario