Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

14/02/2013 | Revista de prensa

EL PROGRESO: "OS ARQUITECTOS LUCENSES ANALIZAN HOXE A PROPOSTA DE ERE DA DIRECTIVA SAÍNTE"

Os arquitectos lucenses reúnense hoxe, ás 20.00 horas, para analizar a decisión da directiva galega en funcións que pretende aprobar o próximo luns a partida económica para levar a cabo o ERE que supoñerá o despedimento de todos os traballadores das sietes delegacións do Colexio Oficial de Arquitectos.

A directiva de Lugo cre que a situación económica e institucional do COAG, cunha xunta de goberno en funcións e en vésperas de eleccións, "non ten sentido convocar unha asemblea desta transcendencia que podería hipotecar o futuro colexial así como a limpeza e credibilidade do propio proceso electoral. "

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario