Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

16/02/2013 | Noticias

COAG LUGO: PETICIÓN DE DESCULPAS E ACLARACIÓNS AO DOCUMENTO

O pasado venres esta delegación colgou unha entrada na web cun estudo económico de escenarios diferentes á SOLUCIÓN UNICA formulada dende Sede colexial en forma de ERE e Peche de Delegacións en forma dos seus centros de traballo.

Lamentablemente, ese documento non foi explicado coa profundidade que a súa elaboración merecía, e ésto xerou protestas dos nosos compañeiros colexiados.

Ante esa situación, e no respecto máximo a todos os nosos compañeiros de toda Galicia, consideramos necesario retirar a devandita entrada e incluír a presente a xeito de desculpa e aclaración.


 

Ante todo, pedimos DESCULPAS, e comprendemos o malentendido que pode xerar a inapropiada e pouco atinada terminoloxía utilizada e polo malestar que puidesen crear os documentos colgados o venres 15.



Intentaremos con estas explicacións aclarar cales foron as intencións que levaron a redactar os detalles destes documentos e sobre todo eliminar toda dúbida en canto ao noso convencemento e desexo de manter o marco territorial actual e mesmo o noso reiterado compromiso de melloralo.

Proba dese desexo é ter reflectido o custo das obras/instalacións/equipamentos a realizar en Pontevedra, Ourense e Ferrol porque nos parece indispensable que todas as delegacións teñan "casa propia".



No parágrafo que describe superficialmente os escenarios do documento resumo que se colgou, indicábase:

"Son SÓ reflexións sobre o custo da estrutura"



Ese traballo de colexiados preocupados polo noso colexio NON é, nin pretendía ser, ningunha PROPOSTA; é un ESTUDO de distintos ESCENARIOS. Nada máis!

Mesmo se indicaba iso na entrada, e pedíase axuda a todos os colexiados para presentar outras alternativas, e mellorar ese documento base.



Dende as Oficinas Centrais do Coelgio, insistiuse unha e mil veces, en que só enfrontamos un No á súa proposta, pero nada máis.

Ese é un estudo de escenarios posibles, que non teñen que gustarnos nin aos que os estudaron, nin ao resto dos colexiados galegos.

Non sería moi coherente criticar o plan de viabilidade contratado pola xunta de goberno porque só presentaba unha única alternativa que ao parecer só ofrece vantaxes... para presentar nós outro que só formulase a alternativa que nos guste.

Non desexabamos que nos reprochasen non ter sido honestos nas formulacións. Consideráronse tres escenarios, pero todo grupo de colexiados que se poña a estudar esta cuestión podería presentar outros. Estes documentos, terían permitido unificar e poñer a disposición do colectivo información que non é doada de reunir. Dese modo, os documentos bases e algunhas reflexións e informacións servirían para que calquera colexiado interesado puidese achegar a súa análise e ideas en pro do noso colexio e o seu modelo territorial vixente.

O escenario 1, era a formulación "natural" e xa nos deu materia para conclusións interesantes.

Á orixe do escenario 2, que se entendeu como un despropósito, e o lamentamos, a reflexión foi a seguinte: constábanos que había alugueres de locais de delegación sen pagar dende hai meses.

Decidimos COMPROBAR que pasaría se se prescindía DE MODO PUNTUAL dos locais alugados que se encontran a +/ -1/2 h doutra delegación coa cal puidese compartir os seus traballadores pensando en utilizar outros espazos conseguidos vía convenio con organismo afíns e locais? Obviamente daríanselles todos os servizos actuais pero noutros locais. Á maior brevidade adecuaríanse os seus locais en propiedade para que inmediatamente volvesen funcionar esas delegacións, sen alugueres.

Dese suposto sácanse 2 conclusións:

1/ Que o aforro en locais sería "só" duns 40.000 €*.

2/ Que o aforro en gastos de persoal sería de 22.000 €* en equipo reestruturado e 8.000 €* máis mentres non se chegase a ese punto

* sobre un presuposto global colexial de máis de tres millóns


AS CONCLUSIÓNS SON OBVIAS.

Todos podemos preguntarnos con coñecemento de causa ¿PAGA A PENA RENUNCIAR ÁS NOSAS DELEGACIÓNS POR CONSEGUIR ESE AFORRO COMO A ACTUAL REESTRUTURACIÓN E ERE DEFENDE? ... os feitos falan por se sós...

O terceiro escenario, pola súa banda, demostra principalmente que, sen poder afondar en determinadas partidas por descoñecer o seu verdadeiro contido, e, partindo do suposto que non puidésemos reducilos, só contariamos coa fatídica partida soldos e salarios para marcar a diferenza nos custos da organización.

Non obstante, ese escenario pon en evidencia que a redución de persoal como vía de aforro ten os seus límites; que é garantir o propio funcionamento dos servizos por unha parte e o custo das indemnizacións que xera por outra; podendo entrever que o despedimento non é necesariamente a única e mellor solución para enfrontarse á necesidade de redución de custo de equipo.



Este traballo non desexa interferir na reflexión xeneralizada sobre que colexio queremos e con que modelo territorial, isto lle incumbe a todo colexiado e á Asemblea Xeral. Pero que dúbida cabe que se non conseguimos xestionar nosa situación económica quedará en sonos!!?



Polo tanto parécenos que "non queda outra" que enfrontranos a á crua realidade e reflexionar, tamén positivamente, en que "Colexio en crise" queremos.

... Non ser totalmente escravos da realidade económica e que SE EXISTE un ápice de elección posible exerzamos esa liberdade.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario