Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

16/02/2013 | Revista de prensa

LA VOZ DE GALICIA OURENSE: "Os arquitectos votarán o luns se despiden os seus empregados de Ourense"

A crise golpea de cheo os arquitectos, que ven como os traballos baixaron de xeito considerable nos últimos anos. A esta situación non é allea o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia nin tampouco a súa delegación ourensana. Por iso, o colectivo formula dende Santiago un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para quince traballadores dos sete colexios de Galicia. No caso de Ourense, a medida afectaría aos dous empregados cos que conta na actualidade. A decisión adoptada pola xunta de goberno do COAG debe ser referendada o luns en Santiago nunha votación.

Non obstante, dende Ourense xurdiron voces discordantes, que consideran que o despedimento do persoal actual non é a solución máis apropiada, Incluso optan por demandar unha maior autonomía para a delegación ourensana. Así o manifestou onte un grupo de colexiados nunha reunión que mantiveron no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. «Houbo posturas enfrontadas, pero malia todo demostramos que somos un colectivo forte e unido», indicou o presidente ourensano, José Jaime Vázquez.

Á hora de valorar os posibles despedimentos, Vázquez apunta a que é a única fórmula para que se poida garantir a viabilidade da sede na provincia, que actualmente está nun edificio da praza Maior: «Non» habería «mingua para os arquitectos, xa que a maioría dos nosos traballos se resolven de xeito telemático». En ningún caso, matizou, está en debate o peche da sede. Na provincia hai un total de 240 colexiados.


LA VOZ DE GALICIA OURENSE: "Os arquitectos votarán o luns se despiden os seus empregados de Ourense"

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario