Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

21/04/2013 | Reunións

REUNIÓN EXTRAORDINARIA E URXENTE DE DELEGACIÓN O MARTES 23 DE ABRIL 2013

Reunión informativa de carácter urxente que se centrará en trasladar os últimos datos sobre a evolución da situación económica e laboral actual do COAG.

 


 

 

Dende que o día 8 de abril 2013 os recén elixidos tomaran posesión dos seus cargos, e pasasen a formar a renovada xunta de goberno, celebráronse 3 xuntas de goberno e unha comisión executiva, que serviron para tomar coñecemento profundo e da situación real da nosa institución.
Se ben era de sobra coñecida a súa complexidade, confírmase que as circunstancias esixen actuar coa máxima prontitude e requiren tomar decisións importantes inmediatas.

 

Por vontade de transparencia, primeiro, e por férreo desexo de reintegrar os colexiados no seu papel de máximo órgano de goberno da nosa institución, ademais, a xunta directiva de Lugo e a xunta de goberno cren necesario trasladar aos colexiados toda a información posible acurtando os prazos de comunicación.

 

Para iso, cada delegación organizará asembleas ou reunións informativas (segundo os prazos estatutarios) no transcurso da semana nas que se tratará da situación económica e laboral actual do COAG, escenarios de ERE e outras alternativas, como tema principal.

 

A présa dos tempos e ante as inmediatas decisións que se han de tomar, non hai tempo para convocar con máis marxe; esta rolda de asembleas ou reunións pretenden xerar un foro de debate preparatorio ás tomas de decisións que sen lugar a dúbida se formularán nas próximas asembleas xerais.

 

Polo tanto espérase asistencia con preguntas, escoitaranse propostas e atenderán os rogos dos colexiados.

 

Tanto o presidente da delegación coma o secretario do COAG José Luis Sanmiguel Guerreiro, trasladarán os comentarios dos colexiados de Lugo aos demais membros da xunta de goberno co afán de propoñer alternativas que realmente casen coa vontade dos colexiados.

 

É primordial que os colexiados reciban con tempo toda a información para decidir conciencia do futuro da nosa institución.

 


 

 

CIRCULAR: Convocatoria de reunión extraordinaria e urxente de delegación, martes 23 de abril

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario