Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

26/04/2013 | Concursos

PREMIO DE ARQUITECTURA CLÁSICA E RESTAURACIÓN DE MONUMENTOS RAFAEL MANZANO MARTOS

 

PREMIO RAFAEL MANZANO MARTOS DE ARQUITECTURA CLÁSICA E RESTAURACIÓN DE MONUMENTOS 2013


 

O Premio Rafael Manzano Martos de Arquitectura Clásica e Restauración de Monumentos outórgase a profesionais vivos cuxa obra encarne os principios da arquitectura e o urbanismo clásicos e tradicionais no mundo contemporáneo. O conxunto da obra do candidato elixido non só debe estar dirixida á preservación e rehabilitación do patrimonio arquitectónico e urbano tradicional español, senón tamén a contribuír á continuidade das tradicións construtivas e arquitectónicas que o configuran.

O Premio toma o seu nome do arquitecto Rafael Manzano Martos, quen dedicou a súa vida profesional á preservación do patrimonio arquitectónico e urbano español a través, tanto da restauración, coma do deseño de novas arquitecturas baseadas nese patrimonio.

O Premio Rafael Manzano Martos 2013 está convocado por The Richard HDriehaus Charitable Lead Trust e University of Notre Dame School of Architecture (Indiana, Estados Unidos), coa colaboración da Real Academia de Belas Artes de San Fernando(Madrid) e FUNDACIÓN MAPFRE. O gañador do premio recibirá 50.000 euros e unha placa conmemorativa.


Bases do Premio: http://www.premiorafaelmanzano.com/

 

 

 

 

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario