Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

26/04/2013 | Circulares

ELECCIÓNS AO CARGO DE SECRETARIO DA DELEGACIÓN DE LUGO 19 DE XUÑO DE 2013 LISTA DE ELECTORES

En relación coa convocatoria das eleccións previstas para o día 19 de xuño, anunciadas mediante a circular colexial de Secretaría Nº 15-2013, trasládase a seguinte información en canto á configuración do  listado de electores:

 


 

Listas provisionais:

Conforme ao indicado no art. 54.2 dos Estatutos, no día de hoxe fixéronse públicas as listas provisionais  de electores que poderán participar nas eleccións do próximo 19 de xuño, que se poderán consultar  dentro do prazo de reclamación, estando dispoñibles no portal corporativo colexial.

 

Reclamacións:

En caso de desexar formular reclamacións sobre inclusións ou exclusións nas listas provisionais, estas  deberán obrar na Secretaría colexial antes das 14:00 horas do día 8 de maio, por escrito ou remitindo  un correo electrónico a: secretaria@colexiodearquitectos.org

As reclamacións presentadas serán resoltas pola Xunta de Goberno na mesma sesión na que se acorde a  admisión de candidaturas, prevista para o día 16 de maio. As listas de electores, configuradas unha vez  resoltas as reclamacións, serán difundidas entre os colexiados para a súa verificación, e poñeranse a  disposición das candidaturas proclamadas. 

 

Electores:

Serán electores os colexiados da Delegación de Lugo de alta no momento da convocatoria e non  suspendidos dos seus dereitos. 

Neste sentido, indícase que a baixa colexial supón a perda do dereito de sufraxio activo, polo que os colexiados que soliciten e obteñan a baixa con posterioridade á convocatoria de eleccións, non poderán  participar nas mesmas. Isto aplicarase ás solicitudes de baixa que cumpran todos requisitos e sexan  ratificadas mediante o acordo colexial correspondente.

Así mesmo, os colexiados que se atopen suspendidos non terán dereito de sufraxio activo, en tanto non  regularicen a súa situación, polo que os colexiados aos que suspensión lle sexa levantada antes da  xornada electoral, serán incorporados ao censo electoral.

As variacións que se produzan no censo electoral polas cuestións referidas, serán comunicadas oportunamente aos candidatos. 

 

Censo actualizado:

No portal corporativo colexial incluirase un apartado informativo sobre o procedemento electoral, no cal figurarán, entre outras cousas, a convocatoria e o listado provisional de electores durante o prazo de reclamación.

A medida que avance o proceso electoral iranse incluíndo outros documentos nese apartado, entre os que se incluirá un listado do censo actualizado en función das variacións que se vaian producidos en atención a reclamacións, tramitación de baixas e suspensión de colexiación antes da celebración dos comicios.

 

O referido apartado informativo está dispoñible no seguinte enlace do portal corporativo colexial: http://www.coag.es/categorias/Novedades/2013/eleccionessecretariolugo/

 


Lista de electores

 

 

 

Conforme ao indicado no art. 54.2 dos Estatutos, no día de hoxe fixéronse públicas as listas provisionais 
de electores que poderán participar nas eleccións do próximo 19 de xuño, que se poderán consultar 
dentro do prazo de reclamación, estando dispoñibles no portal corporativo colexial.

 

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario