Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

02/05/2013 | Reunións

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA - 6 DE MAYO 2013

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA - 6 DE MAYO 2013

 Tal como se foi anunciando na rolda de reunións e asembleas que tiveron lugar en todas as delegacións durante a pasada semana, a xunta de goberno convocou unha asemblea extraordinaria co fin de que entre todos tomemos as decisións que nos parezan axeitadas para facer fronte á complexa situación do noso Colexio.


Esta asemblea convócase con carácter urxente, tal como o permite o artigo 28.7 dos estatutos, porque o esixe o momento que está a vivir o noso Colexio; pois como se nos informou, o peche do exercicio de 2012 precisa actuar coa máxima prontitude.

As reunións que tiveron lugar nas distintas delegacións tiñan por obxectivo trasladar aos colexiados toda a información posible practicamente en tempo real, e, que poida acudir previamente informado ás necesarias futuras asembleas.

Aos que non puideron asistir á reunión informativa do 23 de abril 2013 que se celebrou na delegación de Lugo, facilitámoslles un resumo do que nela se expuxo.

Este documento só pretender constituír un complemento á documentación facilitada pola xunta de goberno.

 

É un momento decisivo, é importante acudir ou delegar o teu voto.

 


 

Convocatoria e voto delegado (Circular 18/2013)

Informe da reunión urxente e extraordinaria do 23 de abril 2013

Documento da asesoría laboral

 

Máis información na web das oficinas centrais

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario