Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

06/05/2013 | Reunións

NOVO ENCONTRO DA COMISIÓN DE CULTURA

Despois duns meses convulsos e as enerxías postas na supervivencia das delegacións do Colexio, arquitectos colexiados reúnense para "reactivar" a Comisión de Cultura, de Planeamento e Medio Ambiente da Delegación de Lugo do COAG.


 

 

Reunidos ao redor dun bo tapeo, o pasado luns 29 de abril, deciden que o próximo encontro será o luns 13 de maio 2013 ás 21 h; o punto de encontro é a Cafetaría Jazz & Beer na rúa Bispo Basulto no casco histórico de Lugo.

As Comisións sempre foron abertas á participación de todos os colexiados da Delegación, agora máis que nunca se necesita compañeiros que participen e se impliquen na execución de proxectos deberá ser de forma desinteresada.

O funcionamento e a operatividade das comisións tómanse de modo democrático entre todos os asistentes a cada reunión.

A elección do lugar de encontro é xa mostra da primeira decisión: "as reunións" han de ser ante todo un momento agradable a compartir con compañeiros; compartir ideas, creatividade; compartir coñecementos, experiencia; compartir un bo anaco, etc.

En fin, verse nun ámbito que axude a que flúa a sinerxía e evitar, o ser posible, os " encorsetamentos".

Historicamente, as Comisións da delegación de Lugo do COAG sempre foron moi activas e teñen moitos éxitos ás súas costas. Sempre coidaron a súa autonomía de pensamento e de acción sen necesidade de perder o respecto cara ás institucións, incluído o propio Colexio.

 

Se desexas participar, achégate á próxima cita: Luns 13 de maio 2013

Hora: 21h.

Punto de encontro: Cafetaría Jazz & Beer.

Comentarios

Alégrome de ver que tralas dificultades dos últimos tempos, recuperase na delegación a maior fonte de inspiración, colaboración e traballo común dos colexiados de Lugo.
Moitas grazas e boa sorte.

Alégrome de ver que tralas dificultades dos últimos tempos, recuperase na delegación a maior fonte de inspiración, colaboración e traballo común dos colexiados de Lugo.
Moitas grazas e boa sorte.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario