Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

18/09/2013 | Cursos

[RECORDATORIO] Master universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega

 

Obxectivos

 O master ten un carácter académico – profesional, que responde a necesidade de formación de profesionais en arquitectura da paisaxe.

 O programa académico do máster abarcará temas de planificación da paisaxe, análise e deseño de paisaxes urbanos, culturais e da paisaxe en xeral, así como o que se refire a integración das infraestruturas na paisaxe. Da mesma maneira, abordarase a execución e posterior mantemento, xestión, conservación e restauración da paisaxe, tanto pública como privada, no medio urbano, rural e forestal.

 O master ten unha estrutura e uns contidos adaptados ás directrices do proxecto europeo Le-Notre. A súa estrutura contempla todas as sensibilidades e necesidades que se requiren nun tema tan complexo e con tan pouca tradición académica en España.

 A finalidade é que o estudante adquira unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización profesional na Arquitectura da Paisaxe.

 

Acceso 

Arquitectos, Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros de Camiños, canais e portos, Biólogos, Xeólogos, Xeógrafos, Enxeñeiros de Minas, ou calquera outra persoa que posúa un título universitario equivalente ás citadas titulacións.

 Tamén poderán acceder Enxeñeiros técnicos agrícolas, Enxeñeiros técnicos forestais, Enxeñeiros técnicos de obras públicas, arquitectos técnicos e Enxeñeiros técnicos de minas.

 

información xeral 

Nº de créditos: 60 ECTS

Inicio: outubro Duración: 1 curso académico

Horarios: De luns a venres polas tardes

Tipo Docencia: Presencial

Lugar de Imparticiónn: Fundación Juana de Vega

Idiomas: Castelán/Galego

Prezo: Taxas oficiais UDC/USC

Equipo Docente: Profesores da UdC e da USC e un 20 % da docencia impartida por especialistas nacionais e internacionais en cada unha das materias.


 

 

Bolsas de Matrícula

A Escola Galega da Paisaxe convoca 12 bolsas de matrícula por importe de 800,00 euros cada unha delas. 

Poderán optar a estas bolsas aqueles solicitantes de matrícula de nacionalidade española que se atopen en situación de desemprego. 

As bolsas concederanse en base ao expediente académico, tendo preferencia as titulacións universitarias superiores, sobre as titulacións universitarias de primeiro ciclo.

Estas bolsas son incompatibles con calquera outra bolsa ou axuda pública ou privada para a realización de este máster. En caso de obter outro tipo de axudas, deberá reintegrarse o importe da bolsa obtida da Escola, ou ben renunciar á outra axuda obtida. 

Os alumnos que resulten beneficiarios de estas bolsas deberán cursar o máster ata o remate do curso. Si por calquera motivo abandonase o máster antes da finalización do curso académico, deberán reintegrar á Escola Galega da Paisaxe o importe da bolsa obtida.

 

 


 

máis información e enlaces:

http://master.juanadevega.org/index.php?option=com_content&task=view&id=65&Itemid=84 

tríptico

http://master.juanadevega.org/images/descargas/curso2013-2014-triptico.pdf

cartel

http://master.juanadevega.org/images/descargas/curso2013-2014-cartel.pdf

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario