Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

15/06/2013 | Noticias

Morre Javier Carvajal

Javier Carvajal, arquitecto clave na segunda metade do século XX, morreu aos 87 anos en Madrid, a cidade na que desenvolveu case toda a súa carreira.


 

Javier Carvajal, un dos protagonistas fundamentais da arquitectura do século XX, faleceu en Madrid aos 87 anos. Foi autor, entre outros proxectos, da Torre de Valencia e do Pavillón español na Exposición Internacional de Nova York de 1964.

 

Carvajal (Barcelona, 1926) foi tamén o catedrático máis novo de España: logrouno aos 29 anos e, dende entón, conxugou o ensino co seu traballo como arquitecto. "Son arquitecto dende que me naceron os dentes", adoitaba dicir Carvajal.

"Ser profesor é o máis feliz da miña vida", afirmaba. Luis Maldonado, director da Escola de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid, destaca o pavillón de Nova York como o proxecto estrela de Carvajal. Maldonado recorda que como catedrático de proxectos e dentro do mundo da arquitectura foi un referente nacional e internacional: "Javier era unha persoa moi activa, que estaba moi comprometida co seu oficio, mesmo coa súa ideoloxía. Nunca eludiu o debate ata a confrontación das ideas. Foi un bo profesor, un mestre para esta escola, rigoroso cos seus alumnos, creou unha escola propia que continuaron os seus discípulos".

Ignacio Vicens ocupa agora a aula onde o seu mestre Carvajal lle inculcou a súa paixón polo oficio. "Como catedrático de proxectos da Escola de Madrid case me dá vergoña pensar que ensino no lugar que o ocupou", expresa moi emocionado o discípulo. "Sen dúbida calquera tempo pasado foi mellor". Vicens recorda con nostalxia "as clases divertidas, aínda que duras -era moi crítico- " de Carvajal. "Era impresionante a súa capacidade para xerar entusiasmo: ao saír non sabiamos de que falara, pero sabiamos que non podiamos deixar a arquitectura. Todo o levaba ao oficio, xa fose a arte, a política... " O catedrático remacha o seu labor máis alá de Madrid, na escola de Navarra, Barcelona e Las Palmas de Gran Canaria. E aínda que recoñece a repercusión mediática do pavillón de Nova York, rememora outros tres exemplos arquitectónicos de Carvajal: "Da súa primeira época, a Escola de Estudos Mercantís de Barcelona é un dos mellores exemplos do racionalismo español. Da súa segunda etapa, destacaría as casas que fixo para Loewe. E por último, da súa última época,  as casas de Somosaguas, dúas vivendas unifamiliares, as mellores do século XX de España, unha obra poética excepcional".

"A arquitectura non se identifica con ser arte ou técnica senón en ser humanismo. Os arquitectos servímonos da beleza ou das técnicas pero somos humanistas, ao servizo do home e buscando a súa felicidade. O fundamental é estar preto do home a través da eficacia e a beleza", afirmou Carvajal en 2002 ao recibir o o X Premio Antonio Camuñas de Arquitectura, que lle foi entregado pola súa "elegancia e refinamento".

 

 

Proxectos:


 

VIVENDAS UNIFAMILIARES:

Casa García Valdecasas. Somosaguas. Madrid, 1964-65

Casa Carvajal. Somosaguas. Madrid, 1964-65

Casa Sobrino. Aravaca. Madrid, 1965-66

Casa Biddle Ducke. Sotogrande, Cádiz, 1965-67

Casa Hartman. Pedralbes, Barcelona, 1968-70

Casa Sobrino. Ondarreta, San Sebastián, 1970

Casa Lladó. La Alcaidesa, Algeciras, Cádiz, 1975

Casa Baselga. Sotogrande, Cádiz, 1972-73

Proxecto Casa Liñán. Somosaguas, Madrid, 1981

Casa Rodríguez Villa. La Moraleja, Madrid, 1985-87

Proxecto Casa Ojeda. Somosaguas. Madrid, 1985

Casa Cardenal. El Pinar de Aravaca, Madrid, 1985-87

Casa Criado. Polígono da Tolda, Lugo, 1986-88 (revista OBRADOIRO nº22)

Proxecto Casa Hernández-Aliques. Aravaca, Madrid, 1999

EDIFICIOS RESIDENCIALES:

Edificio de apartamentos na praza de Cristo Rey. Madrid, 1955-57

Conxunto de edificios de apartamentos no barrio da Estrella. Madrid 1960-63

Bloque de apartamentos na rúa Montesquinza. Madrid, 1966-68

Residencia de estudantes “Sagrada Familia”. Puerta de Hierro, Madrid, 1968-71

Conxunto de edificio de vivendas e apartamentos na praza Santo Domingo. León, 1970-72

Torre de Valencia. Rúa Alcalá, Madrid, 1970-73

Edificio Caracas. Madrid, 1968-79

Proyecto Edificio de viviendas en la calle Suecia. Santiago de Chile, 1979

Proyecto Conxunto residencial en Guadalmina, Málaga, 1978

Proxecto Conxunto residencial “Las Redes”, Puerto de Santa María, Cádiz, 1980-82

EDIFICIOS DOCENTES:

Escola de Altos Estudos Mercantis. Barcelona, 1956-57

Colexio de Nuestra Señora de los Rosales. Somosaguas, Madrid, 1960-63

Escola de Inxeñeieros de Telecomunicación. Universidad Politécnica. Madrid, 1960-72

Biblioteca da facultade de Dereito, Universidad Complutense. Madrid, 1960-71

Sede da Universidade Pontificia de Comillas. Madird, 1965-69

Proxecto Universidade Autónoma de Bilbao. Valle de Asua, Bilbao, 1969

Proxecto Facultade de Bioloxía. Universidade Autónoma, Madrid 1975

Proxecto Biblioteca Imperial de Teherán. Teherán, 1975

Departamento de Ciencias Sociais, Universidade de Alicante, 1995-97

Biblioteca Central da Universidade de Navarra. Pamplona, 1996-98

EDIFICIOS RELIXIOSOS:

Panteón de Españois no Cemiterio do Campo Verano. Roma, 1957-58

Igrexa Parroquial de Ntra. Sra. de los Ángeles. Vitoria, 1957-60

Remodelación da igrexa parroquial de Húmera. Jaén, 1989

Proxecto Centro Parroquial de Las Rozas. Madrid, 1992

Proxecto Igrexa Parroquial Sevilla la Nueva. Madrid, 1954

OFICINAS:

Fábrica e oficinas Loewe. Barcelona, 1960

Tenda Loewe. Madrid, 1964

Banco Industrial de León, rúa de Serrano, Madrid, 1972-74

Edificio de oficinas no Paseo de la Castellana. Madrid, 1975-79

Proxecto Nueva Sede da compañía Aviaco. Madrid, 1976

Proxecto Edificio “Arab-Sat”. Ryhard, Arabia Saudita, 1984

Proxecto Sede Social do CitiBank. La Moraleja, Madrid, 1989

Edificio de oficinas. La Moraleja, Madrid, 1991-94

Proxecto Torre de oficinas. La Defense, París, 1992

Proxecto Oficinas e talleres para  a sociedade Mazda. Carretera de Burgos, Madrid, 1992

Proxecto Sede Central de Telefónica. Madrid, 1999

EDIFICIOS PÚBLICOS:

Proxecto Centro Cultural de Leopoldville, Antiguo Congo Belga, 1960

Pabillón de España na Feria Mundial 1963-1964, Nueva York, 1961-63

Proxecto Hotel na illa do Moro, Almería, 1963

Parque Zoolóxico da casa de Campo, Madrid, 1968-70

Proxecto Centro Cultural Islámico, Madrid, 1979

Proxecto Palacio de Goberno do Principado de Tabuk, Arabia Saudita, 1982

Proxecto Palacio do Príncipe Gobernador do Emirato de Gassim, Arabia Saudita, 1982-84

Proxecto Museo de Arte Contemporáneo, Vegueta, Las Palmas de Gran Canaria, 1985

Proxecto Novo cemiterio de Alcobendas, Madrid, 1986

Proxecto Museo Hispano Musulmán do Generalife, Granada, 1986

Proxecto Teatro da Ópera na Expo 92, Sevilla, 1987

Proxecto Embaxada de España en Varsovia, Polonia, 1988

Proxecto Pabellón de España en la Expo 92, Sevilla, 1989

Complejo hotelero “Príncipe de Asturias” en el recinto de la Expo 92, Sevilla, 1989

Proxecto Auditorio e Centro Cultural. Burgos, 1990

Proxecto Palacio de congresos, exposicions e auditorio. Pontevedra, 1991

Proxecto Remodelación do estadio Vicente Calderón. Madrid, 1992

Proxecto Ópera de Copenhage, Dinamarca, 1993

Proxecto Centro de Arte e Cultura Ciudade de Madrid. Madrid, 1994

 

Distincions:


 

A súa traxectoria profesional e pública foi recoñecida con diferentes premios e distincións: En 1953 obtivo o Premio do Instituto de Estudos Africanos. En 1955 a primeira medalla da Exposición do I Centenario das Telecomunicacións en España. En 1957 recibiu o Premio de Roma, da Academia de Belas Artes Española en Roma e a Medalla de Ouro da XI Trienal de Milán. En 1960 foille concedida a Medalla de Belas Artes, Sección de Arquitectura. En 1964 a Cruz de Cabaleiro da Orde de Isabel la Católica por servizos á arquitectura española no estranxeiro, así como o Premio á mellor Arquitectura Internacional da Feira Mundial de Nova York do Instituto de Arquitectos Americanos. En 1968 obtivo o Premio Fritz Schumacher de la Universidad de Hannover á Mellor Arquitectura Europea. En 1973 recibiu a Gran Cruz da Orde de Alfonso X o Sabio por méritos docentes. Foi galardoado co Premio do Colexio de Arquitectos á mellor Arquitectura de Madrid do ano 1980. No ano 2002 recibiu o prestixioso premio Antonio Camuñas de Arquitectura. En 2012 foi galardoado coa Medalla de Ouro da Arquitectura, concedida polo Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España (CSCAE).

 

 

 

 



 

enlaces

http://es.wikipedia.org/wiki/Javier_Carvajal_Ferrer 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/14/cultura/1371207904.html 

http://cultura.elpais.com/cultura/2013/06/14/actualidad/1371212573_080478.html

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario