Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

25/06/2013 | Celebracións

[RECORDATORIO] i-Velorrio (FESTA da PATROA)

actualización: posto que o día 24 é festivo ampliase o prazo para a inscripción ata o día 25

i-Velorrio FESTA da PATROA aberta a tódalas delegacións (28_xuño)


 

A Comisión de Cultura da delegación de Lugo do COAG, organiza unha festa coa vontade de tentar exorcizar as forzas negativas que estamos a vivir. Colectivo en perpetua competitividade, consideramos a necesidade de romper con esa condición, fomentando os ENCONTROS entre nós.

 

A Delegación de Lugo do COAG, a través da súa Comisión de Cultura, comprácese en invitar a tódolos arquitectos e futuros arquitectos –colexiados ou non e futuros colexiados- a nosa festa iVelorrio, que terá lugar o próximo venres 28 de xuño, a partires das 21:30 no salón de actos situado no semisoto da nosa delegación.

 

A invitación esténdese, con especial interese, a tódolos compañeiros das outras delegacións, pois tamén queremos tentar romper coa habitual "endogamia colexial".

 

 

Inscrición en calquera das delegacións do territorio (17 euros, solo en efectivo). O prazo para as inscricións rematará o vindeiro luns 24 de Xuño. Podedes confirmar a vosa asistencia no facebook COAG Lugo.

 

 

Gustaríanos gozar con todos vós da festa, que contará con photocall para os que se animen, cea informal con viños galegos e bebidas habituais, queimada a media noite nas ruínas romanas do soar e festa amenizada por dj Uxío e compañeiros gaiteiros, nun entorno "tuneado" polos compañeiros da comisión, posuídos polo espírito do reciclaxe do reciclado. E pedímosvos, por último, que traiades unha vela, veliña ou velón para completar o tuneado.

 

Agradecemos de antemán a vosa participación.

 



 

Datos

 

Fecha: Venres 28 de Xuño de 2013

Horarios: A partires das 21:30 horas

Duración: Ata esgotar as enerxías

Donde: No salón de actos "tuneado" da Delegación de Lugo do COAG

Precio: 17€ + 1 candea

 

Inscripción: Nas delegacións do COAG mediante pago da cantía (candea no evento).

Prazo de inscripción: Ata o luns 24 de xuño, incluido.

 

 

Comentarios

el lunes 24 es festivo, estará cerrada la delegación.
Yo aún no sé si estaré, puede que salga de vieje,  pero si estoy ese día, asistiré con acordeón (no me sé la de los

el lunes 24 es festivo, estará cerrada la delegación.
Yo aún no sé si estaré, puede que salga de vieje, pero si estoy ese día, asistiré con acordeón (no me sé la de los "pajaritos")

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario