Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

20/06/2013 | Concursos

[CONCURSO] ADEGA convoca a III edición dos concursos de fotografías, relatos e curtametraxes polo territorio

Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, e debido ao éxito das anteriores edicións, con medio centenar de relatos e outras tantas fotografías, así como unha ducia de curtametraxes. ADEGA convoca de novo os concursos de fotografías, de relatos e de curtametraxes, co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Os tres concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Turismo de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.

Estes concursos pretenden facer participativa á cidadanía galega na reivindicación dunha ordenación territorial sustentábel na que se freen as ansias especulativas dos poderes privados sobre o territorio en conivencia coa administración pública, e na que se propoñan alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural.


 

 

III Concurso “FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO”

As fotografías deberán ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao noso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas á organización ecoloxista a través do e-mail: culturaeterritorio@adega.info.

 

Establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos, e a de adultos/as, para maiores de 16 anos.

 

O prazo para presentar as fotografías remata o día 1 de novembro do 2013.

 

Premios: 1º Categoría Adulta; Diploma e 200 euros. 1º Categoría Xuvenil; Diploma e 150 euros.

 

III Concurso “O LUGAR ONDE VIVO” 

Os relatos curtos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias sempre e cando o eixe do relato xire arredor das visións que a poboación galega ten sobre o lugar no que vive; como é, como foi, como quixeramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo, etc. Cada participantes poderá presentar un máximo de 2 relatos inéditos en lingua galega, que terá que enviar por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo.

 

Para esta convocatoria tamén se establecen as categorías xuvenil e a adulto/a e o prazo límite de presentación das obras remata o día 1 de novembro de 2013.

 

Premios: 1º Categoría Adulta; Diploma e 250 euros. 1º Categoría Xuvenil; Diploma e 200 euros.

 

II Concurso “E TÍ QUÉ É O QUE VES?” 

As curtametraxes de ficción, documentais ou animación deberán dar mostra de exemplos de posta en valor da nosa cultura e territorio e/ou denunciar aquelas actuacións que agreden os mesmos. Cada participante poderá presentar un máximo de catro creacións audiovisuais, que terá que enviar, en formato DVD, por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo; Ronda das Fontiñas nº 180 Entrechán. Poderanse colgar as obras nalgunha plataforma de intercambio de arquivos, tipo Dropbox e enviar o link de descarga aos organizadores no correo culturaeterritorio@adega.info

 

Establécese unha única categoría para este concurso e o prazo límite de presentación dos traballos remata o día 1 de novembro de 2012.

 

Premios: Categoría Única; 1º Premio; Diploma e 250 euros, 2º Premio; Diploma e 150 euros.

 

 

Categorías Xuvenil e Adulta.



 

 

máis información:

http://adega.info/info/090121joomla/ultimas-novas/993-adega-convoca-a-iii-edicion-dos-concursos-de-fotografias-relatos-e-curtametraxes-polo-territorio

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario